Destacados Impresos

Tramita a túa licenza 2021

Xa podes tramitar a túa licenza para 2021. Cada federado pode descargala en PDF desde a web e imprimir (coa opción ‘sen axuste de páxina’), recortar e plastificar.

Desde o venres da semana en que se recibe na FGE o impreso de solicitude, poderás acceder a túa licenza federativa as veces que queiras, dende a ligazón nesta páxina.

A licenza deportiva autonómica é un dereito individual do espeleólogo que se exercita a través da pertenza aos clubs ou individualmente; é persoal e intransferible e a súa validez é dun ano natural.

Esta licenza é necesaria para poder tomar parte nas actividades oficiais da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), integrarse na mesma e concorrer ás subvencións que outorga.

Características principais

  • A cobertura en Rescates aplícase a todas as actividades (principais e complementarias).
  • Os menores de 18 anos necesitan unha autorización paterna, que será custodiada polo club ao que pertenzan.
  • A FGE tramitará as licenzas cada xoves ás 12 DA MAÑÁ, ou ben o penúltimo día laborable, no caso de ser festivo.
  • Recoméndase ler o Protocolo de Actuación no caso de Accidente Deportivo, accesible na web da Federación.

Cotas, importes e impresos das licenzas 2021

A cota total a pagar en cada licenza resulta de sumar a que establecen anualmente as seguintes entidades:

  • Cota da Federación Galega de Espeleoloxía.
  • Seguro de Accidente Deportivo:
  • Seguro de Responsabilidade Civil

– Importes e normas de licenzas autonómicas 2021

– Impresos de solicitude para licenzas autonómicas 2021

Procedemento para a tramitación de licenzas de Clubes

A cota Autonómica anual de club é obrigatoria.

  1. Ingresar a cota autonómica, indicando o club que a realiza, na conta:
    • IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
    • Swift: BCOEESMM070
  2. Enviar por correo electrónico o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com

Procedemento para a tramitación de licenzas de deportistas, técnicos ou árbitros

    1. Descargar o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
    2. Cubrir o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
      • Os estranxeiros poñerán o seu número de pasaporte.
      • Os menores de idade sen DNI, poñerán o do seu pai, nai ou titor legal.
      • No campo Tipo NIF, indicarase o tipo: DNI, DNI do titor (para menores de idade) ou  Pasaporte.
      • Elixir a categoría da licenza: Deportista, Técnico ou Árbitro.
      • Elixir o tipo de licenza: Club ou individual.
      • Elixir a idade da licenza: Infantil, Xuvenil ou Maior.
      • Elixir a modalidade da licenza: A, B, B1, A+, B+, B1+.
      • O impreso contabiliza de forma automática o importe da licenza elixida.
      • Todos os campos son obrigatorios.
    3. Ingresar o importe total, que figura ao final do impreso de ‘Solicitude’, na conta:
      • IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
      • Swift: BCOEESMM070
    4. Enviar por correo electrónico o impreso de ‘Solicitude‘ cuberto e o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com
    5. O venres seguinte ao envío, cada federado poderá descargar a súa licenza en pdf desde a ligazón ‘Descarga a túa licenza‘.

Documentos das pólizas e seguros

Teléfonos de asistencia en accidentes

  • Asistencia desde o Estranxeiro: (+34) 914 891 268 (de luns a venres de 9:00 a 18:00h.)
  • Urxencias 24 h. para España: 913 255 568.