Os vindeiros días 5 e 6 de setembro terá lugar o LIII campamento de espeleoloxía. Nesta edición tratará de fomentar o estudo dunha parte da nosa disciplina deportiva que levamos anos sin prestarlle a atención que deberíamos: As Furnas Mariñas.

O Campamento terá lugar en Burela (Lugo) e ten como obxetivo:

  1. Localizar e xeoreferenciar as furnas da zona do Perdouro en Burela.
  2. Topografiar a que se poda.
  3. Presentar os resultados acadados.

A presentación do campamento terá lugar no Pavillón municipal de deportes de Burela o sábado día 5 de setembro as 9:30 horas. Prégase puntualizade xa que dependemos da marea.

O campamento é gratuito e limitase a 20 prazas dada a situación de dificultade debido á crise da COVID-19.