CAMPAMENTO INFANTIL-XUVENIL
E moi grato comunicarvos que imos retomar a celebración dos campamentos, esperando que sexa do voso interese.
Imos comezar polo XXIV CAMPAMENTO INFANTIL -XUVENIL DE ESPELEOLOXÍA en Cobas o 12 e 13 de setembro.
Importante lembrar que, como sabedes estamos ante unha crise sanitaria, o que obriganos a adoptar unha serie de medidas extraordinarias, que debemos cumprir. Adxuntase ” PROTOCOLO FISIOCOVIF-DXTGALEGO, polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia” e “Declaración responsable”, participante na actividade.
No tríptico tedes información sobre a temática do campamento, presentación e regulamento, programa de actividade, material necesario e localización.
As inscripción faranse a través do clube organizador: cetra@cetra.es
Documentación que se acompaña:
- Cartel oficial do XXIV Campamento Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía
- Diptico oficial do XXIV Campamento Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía
- PROTOCOLO FISIOCOVIF-DXTGALEGOpolo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia
- Declaración responsable