Onte saiu publicado o BOE no que regula o inicio da desescalada na práctica deportiva. A modo de resume a cousa quedou da seguinte maneira:
  1. Estará permitida a práctica ao aire libre de deporte non profesional INDIVIUAL. Polo que entendemos que a Espeleoloxía de momento non estaría permitida, dado que sempre recomendamos que os grupos en cova sexan de como mínimo 3 persoas.
  2. Ollo porque establece unha diferencia entre paseo e deporte non profesional, os paseos poderán ser de MAXIMO 1KM DO DOMICILIO, o deporte non profesional DENTRO DO MUNICIPIO DE RESIDENCIA. Dentro desta diferenciación establece tamén que nos paseos poderase ir acompañado de UNHA PERSOA CONVIVINTE.
  3. Tede en conta que na redacción poñen unha limitación por abaixo de 14 anos pero esto debese a que os menores de 14 anos xa estaban podendo sair.
  4. Esta actividade deportiva poderase realizar nas seguintes franxas horarias:
    1. Pola mañá de 6:00h a 10:00h
    2. Pola tarde de 20:00h a 23:00h
    3. Establece a seguinte excepción: “Las franjas horarias previstas en este artículo no serán de aplicación a aquellos municipios y entes de ámbito territorial inferior al municipio que administren núcleos de población separados con una población igual o inferior a 5.000 habitantes, en los que la práctica de las actividades permitidas por esta orden se podrá llevar a cabo entre las 6:00 horas y las 23:00 horas.”
  5. Establece también que para la realización de esta actividad NO SE PODRÁ HACER USO DEL VEHÍCULO MOTORIZADO O TRANSPORTE PÚBLICO PARA DESPLAZARSE.
  6. Por suposto todos aqueles para os que se manteña a cuarentena por ser positivos no test do Coronavirus o sospeitosos de selo NON PODERÍAN SAIR DA CASA.
A F.G.E. en traballo conxunto coas demáis federacións de epeleoloxía do Estado presentou un proxecto ao C.S.D. de desescalada, dentro da espeleoloxía, para a Fase I, facendo fincapé na necesidade de regular dalgunha maneira os desplazamentos interprovinciais e en vehículos privados. Veremos para ese momento que nos dicen no B.O.E. e iremosvos informando.
 
En todo caso, lembrade que hai que ser responsable e manter a distancia social en todo o que fagamos para frear os contaxios.BOE-A-2020-4767