Á vista da situación xerada pola transmisión do COVID-19 no territorio estatal e articularmente galego, a Federación Galega de Espeleoloxía, despois da reunión mantida na tarde de onte na Secretaria Xeral para o Deporte, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade , o CSD e o exposto en dita reunión, decidiu no ámbito das súas competencias aplazar a actividad federativa oficial (cursos, campamentos, etc). Recomendando así mesmo aos clubes que suspendan as súas actividades na medida do posible.

Tomamos esta decisión no seo da directiva da FGE, realizando un exercicio de responsabilidade e prudencia, co ánimo de intentar controlar no noso ámbito a propagación de este virus e co obxeto de preservar a saude dos nosos deportista, obxetivo intrínseco e fundamental da propia práctica deportiva. Lamentamos ter que tomar este tipo de decisións, sendo conscientes dos perxuicios que supón para os nosos deportistas e técnicos.

No caso de que a situación volva a normalidade, intentaremos facer as actividades aplazadas para completar o calendario deportivo aprobado pola Asamblea, de non ser así, faremos un calendario novo en cuanto a situación e as autoridades o aconsellen.

Actualizaremos a través das nosas canles de comunicación de maneira permanente as novidades que poidan xurdir, quedando a vosa disposición para calquer consulta ou aclaración respecto a estas medidas excepcionaies desta xa declarada pandemia mundial pola OMS.

Vigo, 12 de marzo de 2020.

Imaxe Foto de Médico creado por prostooleh – www.freepik.es