ANTONIO VEIGA GONZÁLEZ deixounos, veterano deportista e impulsor da “espeleoloxía galega”. Ex directivo e Presidente do GES Club Montañeiros Celtas de Vigo (Pontevedra), en varias etapas. Foi un dos exploradores -xunto a seu irmán “Chito”- na histórica I Expedición á Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo (Lugo), en agosto do 1954.

Colaborador, entusiasta cronista da Revista-FGE FURADA, foi explorador de múltiples cavidades da xeografía galega. Participou tamén en distintas actividades relacionadas co Alpinismo-Montañismo (a súa gran pasión) e a natureza.

En nome da Federación Galega de Espeleoloxia FGE queremos trasmitir o noso pésame aos seus familiares e amigos, especialmente ao GES CM Celtas.