Cursos Noticias

Curso gratuito de Igualdade en Vigo, o 30 de novembro pola tarde

A Escola Galega de Espeleoloxía imparte un Curso de Igualdade a tarde do 30 de novembro en Vigo. ¡Anotate, é gratuito!

Data: 30 de novembro.

Horario: 16:00 a 21:00.

Lugar: Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº 17- 36209 Vigo.

Prezo: 0,00 €.

Dirixido a: Corpos directivos de clubes e asociacións deportivas, docentes da Escola Galega de Espeleoloxía, xuíces, arbitros, e deportistas en xeral.

Nº de prazas: 25 prazas por rigorosa orde de inscrición. Será necesario estar en posesión da licenza de espeleoloxía no ano en curso da FGE.

Inscricións: escuela@espeleoloxia.org

Obxectivo: Sensibilizar e concienciar en materia de igualdade de oportunidades, promovendo a reflexión que redunde nun cambio de actitudes e valores no ámbito deportivo, formativo, laboral e social, facendo o noso deporte máis igualitario.

Contidos:
•Contextualización e conceptualización sobre machismo e feminismo.
•Diferenciación entre sexo e xénero.
•O concepto de identidade persoal.
•Socialización do xénero: roles e estereotipos de xénero.
•A igualdade de oportunidades.
•Enfoque integrado de xénero: -Discriminación positiva e mainstreaming de xénero. -Conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
•Situación actual da muller no mercado laboral: – Discriminación horizontal e vertical: teito de cristal. – Roles no deporte. – A linguaxe sexista.
•Anexos: Información e lexislación sobre igualdade.

DOCUMENTACIÓN A TER EN CONTA:

Díptico Curso de Igualdade

 CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía