Se queres facer o Curso para ser Guía Observer de Turismo Científico en Espeleoloxía, descarga o pdf e segue os pasos que indica.
DESTINATARIOS:
- Espeleólogos e técnicos que pretendan exercer as súas competencias en covas galegas, e necesiten formarse e especializarse en Turismo Científico para iniciar, guiar axeitadamente, dar a coñecer os valores da zona, concienciar para a súa conservación e dinamizar un grupo nestes espazos protexidos.
- Para participar será preciso estar en posesión da licenza federativa de espeleoloxía do ano en curso.
- Curso especialmente indicado para guías de covas en Destinos Observer® .
INFORMACIÓN SOBRE O CURSO:
- Directores do Curso: Marcos Vaqueiro / Maite Vence.
- Teléfono de contacto: 616 357 171 (Escola Galega de Espeleoloxía).
- E-mail: escuela@espeleoloxia.org
- Duración: 30 horas.
- Prezo: 120 €.
- Datas: 23, 24 e 30 de novembro e 1 de decembro de 2019. Mondoñedo (Lugo).
- Prazas limitadas. Máximo 25 alumnos.
- Prazo de inscrición: Ata cubrir prazas.
- Proba final con certificado e Diploma de Guía Observer® Especialidade: Espeleoloxía.
- Será necesario asistir ao 90% do total do curso para obter o diploma.
- Aloxamento no refuxio* da FGE-Argomoso e no Albergue do Concello durante o transcurso do curso.
- Todos os deportistas con alomenos un ano de antigüidade de licenza da FGE, poderán acceder a unha subvención do 50%; consultar as condicións na EGE.
- Tríptico Curso de Guía Observer de Turismo Científico en Espeleoloxía
OBXECTIVOS:
- O obxectivo principal deste curso é instalar capacidades nos participantes para poder exercer adecuadamente funcións de Guías de persoas e/ou grupos en Covas.
- Os contidos do curso están deseñados para que os alumnos desenvolvan de maneira eficiente actividades de Turismo Científico nas covas, e poidan, asemade, contribuír eficientemente á creación dun modelo turístico vinculado á ciencia e a conservación destes singulares espazos.