Noticias

Cuando un amigo se va…

Hai momentos nos que é difícil expresar o que un sente, e hoxe é un deles.

Deixounos o noso amigo, compañeiro e espeleólogo Carlos Cainzos. Un experimentado espeleiro e refente como adestrador que nunca deixou de traballar para a difusión da espeleoloxía.

Na súa faceta de director da Escola Galega de Espeleoloxía ou Grupo de Socorro sempre traballo para conseguir o mellor para o noso deporte científico.

En nome da Federación e de todos os federados queremos trasladar á familia un abrazo cariñoso, nun momento tan difícil.