Se cumpriches 40 anos e levas máis de 6 anos federado, participa no III Campamento Galego de Veteranos, os días 14 e 15 de decembro en Triacastela (Lugo). Organízao o GES Ártabros, en nome da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).

Só necesitas a licenza anual da nosa Federación (ou de calquera outra da CEC) e xa podes inscribirte antes do 3 de decembro -facilitando nome, apelidos, DNI, fotocopia da túa licenza, club, teléfono e correo electrónico- na dirección do club: espeleologia@artabros.org

VII GALA DA ESPELEOLOXÍA GALEGA

Ademáis, a FGE renderá homenaxe aos clubs e deportistas que cumpriron 25 anos federados -a última edición foi en 2017-, entregándolles un galardón na VII Gala da Espeleoloxía Galega, a celebrar neste III Campamento Galego de Veteranos.

Para recibir o galardón de 25 anos federado debes asistir e inscribirte neste Campamento, tras recibir no teu correo electrónico a invitación da FGE.

  • Datas: 14 e 15 de decembro de 2019.
  • Pernoita: Complexo Xacobeo do Albergue-Pensión de Triacastela.
  • As actividades espeleolóxicas centraranse no Concello de Triacastela e a súa contorna, só para federados.
  • Os acompañantes (non teñen que estar federados) asistirán só ás actividades culturais e actos complementarios.
  • Proxectaremos diapositivas e vídeos antigos de espeleo (mellor en formato dixital) que acheguen os clubs e os participantes, aos que rogamos comuníqueno a espeleologia@artabros.org antes do 3 de decembro. ¡Animádevos a dar a coñecer vosas importantes reliquias espeleológicas…!

Tes toda a información que necesitas en: