Se queres ir ao LII Campamento Galego de Espeleoloxía, tes ata o 23 de setembro para anotarte. Organiza o Club de Montañismo Lucus Augusti -en nome da FGE- e poderás visitar numerosas cavidades dos municipios de Abadín e de Mondoñedo (Lugo) os días 28 e 29 de setembro.

Tes toda a información escaneando o código QR e tamén ao final da noticia.

Cotas de inscrición:       

  • Participantes federados FGE: 20€
  • Participantes federados CEC: 30€
  • Acompañantes non federados: 30€

Data limite de inscrición: 23 de setembro na conta do Club indicada no díptico. Inclúe: Pasar a noite no albergue, cea de participantes do sábado e almorzo do domingo.

Envía o xustificante do pago ao correo do clube, xunto cos teus datos personáis indicados no díptico e a túa talla de camiseta.

Contacto Club de Montañismo Lucus Augusti:

  • Telfs.: 607150041 e 644726172 (WhatsApp)
  • cm.lucus.augusti@gmail.com

Recepción de participantes e pernocta: Concello de Abadín (Fotos do Albergue Xabarin, escaneando o código QR).

Exposición Fotográfica ‘O camiño por dentro’ en Abadín: do 16 de setembro ao 18 de outubro.

No Díptico do LII Campamento Galego de Espeleoloxía indicamos cómo chegar, o aloxamento, o mantemento, o material para espeleoloxía e pernoita, as actividades a desenvolver, o nome das cavidades a explorar e outros datos de interese.

DOCUMENTACIÓN A TER EN CONTA: