Tes un mes -ata o 31 de xullo- para inscribirte no XXIII Campamento Infantil- Xuvenil que faremos en Samos e Triacastela o 7 e 8 de setembro: se non estiveches nunca nunha cova, ven a descubrir qué é a Espeloloxía e, si xa a practicas, ven ensinar a outros como é o noso deporte-ciencia.

CATRO PUNTOS IMPORTANTES:

  1. A FGE subvencionará 10€ dos 20,43€ que custa unha Licenza de 3 Días: a básica para descubrir esa fin de semana a Espeleoloxía, con Seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil (prezo final: 10,43€).
  2. As actividades previstas no programa poderán mudar en función do número de asistentes e permisos de acceso ás áreas reguladas por Medio Ambiente e Patrimonio.
  3. O lugar de pernocta adaptarase ó programa final da actividade e ó número de participantes.
  4. A data límite de inscrición ata o 31 de xullo é para poder resolver permisos de Rede Natura e Patrimonio.

CONTACTO: cetra@cetra.es

  • Queremos que o campamento sexa unha actividade de promoción e descubrimento da Espeleoloxía para xente allea ó colectivo:
    ◦ Descubrir o medio
    ◦ Promover o medio
    ◦ Coñecer o medio
  • E que os cativos da Federación participen de xeito activo e que disfruten coa actividade:
    ◦ Participación activa nas actividades de descubrimento.
    ◦ Actividades dirixidas específicamente aos deportistas máis tecnificados.

O Campamento está organizado polos clubes Cetra (Clube de Espeleoloxía A Trapa) e Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, en nome da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).

No Tríptico do XXIII Campamento Infantil-Xuvenil indicamos cómo chegar, o aloxamento, o mantemento, o material para espeleoloxía e pernoita, as actividades a desenvolver, o nome das cavidades a explorar e o procedemento para solicitar a Licenza de 3 Días para aqueles menores de idade que non estean federados e queran descubrir que é a Espeleoloxía.

DOCUMENTACIÓN A TER EN CONTA: