Os alumnos e adestradores deste Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns

Finalizóu o Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns que fixo a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE), da man dos monitores Iago Rodríguez Estévez (tamén director desta formación) e Miguel Caramés Rodríguez.

Este curso realizouse en tres días consecutivos no mes de maio, aproveitando unha festividade e un sábado do seguinte fin de semana (os días 17, 18, 19 e 25 de maio).

Os primeiros tres días leváronse a cabo en Mondoñedo, utilizando o refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía para o tema formativo, dalas clases, facer as prácticas e durmir.

O venres 17 repasáronse os contidos da plataforma on-line e puxéronse en práctica as manobras.

O sábado 18 fomos ó ‘Sete saltos de Silán’, un canón de carácter acuático e con rápeles curtos, onde puxemos en práctica as técnicas de rápel, de comunicación, de desprazamento por badinas con auga, un canón sinxelo para iniciarse.

O domingo 19 fomos ó ‘Muras’, un canón de carácter máis vertical con rápeles máis longos, onde puxemos en práctica as normas de seguridade, técnicas de rápel, de comunicación e badeo de río.

E o último sábado, o 25, fomos a Ourense ó ‘Cerves superior’, un canón que combina a verticalidade con saltos, tobogáns e auga. Neste río levamos á práctica as técnicas de rápel, comunicación, desprazamento por badinas con auga, badeo de río, salto, tobogáns…

Esperamos que tódolos participantes, desfrutarades desta formación e sigades practicando e aprendendo.

Iago Rodríguez Estévez. Director do curso.

     CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía