Actividades Noticias

Non te perdas o XXIII Campamento Infantil- Xuvenil en Samos e Triacastela o 7 e 8 de setembro

Non te perdas o XXIII Campamento Infantil- Xuvenil en Samos e Triacastela o 7 e 8 de setembro: se non estiveches nunca nunha cova, ven a descubrir qué é a Espeloloxía e, si xa a practicas, ven ensinar a outros como é o noso deporte-ciencia.

Por iso a FGE subvencionará 10€ dos 20,43€ que custa por persoa unha Licenza de 3 Días: a básica para descubrir esa fin de semana a Espeleoloxía, con Seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil (prezo final: 10,43€).

  • Porque queremos que o campamento sexa unha actividade de promoción e descubrimento da Espeleoloxía para xente allea ó colectivo:
    ◦ Descubrir o medio
    ◦ Promover o medio
    ◦ Coñecer o medio
  • E tamén queremos que os cativos da Federación participen de xeito activo e que disfruten coa actividade:
    ◦ Participación activa nas actividades de descubrimento.
    ◦ Actividades dirixidas específicamente aos deportistas máis tecnificados.

O Campamento está organizado polos clubes Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e Cetra (Clube de Espeleoloxía A Trapa), en nome da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).

Máis adiante achegaremos o tríptico onde indicaremos cómo chegar, o aloxamento, o mantemento, o material para espeleoloxía e durmir, as actividades a desenvolver, o nome das cavidades a explorar e o procedemento para solicitar a Licenza de 3 Días para aqueles menores de idade que non estean federados e queran descubrir o que é a Espeleoloxía.

¡Estade atentos!