Actividades Noticias

O Campamento Extraterritorial será en Asturias os días 17, 18 e 19 de maio, ¿quedarás sen ir?

O E.C. Aradelas organiza o XX Campamento Galego Extraterritorial -en nome da FGE- os días 17, 18 e 19 de maio na localidade asturiana de Avuín, ¿quedarás sen ir?

Prazo de inscrición: Ata o 12 de maio.

Inscrición en: espeleoclubaradelas@yahoo.es, indicando nome, apelidos, DNI, club, teléfono, correo electrónico e datas de chegada e saída.

Datas da actividade: 17, 18 e 19 de maio de 2019.

Cota participación: 20€. Inclúe as dúas noites de pernoita e a cea de confraternidade. O pago farase na recepción dos participantes.

Pernoita: no albergue Linde Bobia (Bobia), preto da localidade de Benia de Onís. Conta con cociña equipada e liteiras, sendo preciso levar saco de durmir.

  • Para poder participar como espeleólogo é imprescindible estar en posesión da licenza anual de 2019 expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleoloxía recoñecida por esta (ás das federacións integradas na CEC).
  • Terán preferencia de praza no albergue os federados en Galicia. Os federados na CEC non estarán subvencionados e o prezo da súa inscrición será de 30€.
  • Os menores de idade precisan de permiso paterno (que custodiará o club) e acudir tutelados por un adulto.
  • Non son válidas licenzas de 3 ou 30 días.
  • Os deportistas virán equipados co seu material espeleolóxico vertical persoal e colectivo, así como de travesia con neopreno para os tramos acuáticos.
  • A organización non se responsabiliza de posibles accidentes.

Tes máis información en:

Cartaz XX Campamento Galego Extraterritorial

XX Campamento Galego Extraterritorial

Autorización menor idade Campamento Extraterritorial