Antes do 8 de maio anótate no Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns
¡Asegura a túa praza! e apúntante antes do 8 de maio ao Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns que imos facer os días 17, 18, 19 e 25 de maio, na Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).
Obxectivos
Proporcionar un achegamento pleno ó descenso de canóns, ofrecendo unha visión xeral do medio no que se desenvolverá a actividade do barranquista: os canóns, así como outros aspectos federativos fundamentais para calquera espeleólogo.
Destinatarios
Tódalas persoas maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso e que saiban nadar.
Prazas ofertadas
- 15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
- Para a realización do curso deberá cubrirse un mínimo de 8 prazas.
Prezo
100 euros. A manutención, desprazamentos e aloxamento serán por conta do alumnado.
Horario
- Venres e sábado de 09:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
- Domingo de 10:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 18:00 h.
Datas de realización
17-18-19-25 de maio de 2019.
Modalidade de curso
- Semi presencial 40 horas: 35 horas presenciais e 5 horas on line.
Profesorado
- Iago Rodríguez Estévez (director do curso).
- Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.
Inscrición
- Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
- Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
- Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
- Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
- No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.
Lugar de realización
Refuxios da Federación Galega de Espeleoloxía: Argomoso (Mondoñedo – Lugo)
Material persoal
Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc. Recoméndase roupa de abrigo tamén para estar no refuxio.
Neopreno, botas de canóns (ou no seu defecto, botas de montaña), casco, arnés de canóns ou espeleoloxía, bagas de ancoraxe cos correspondentes mosquetóns asimétricos, preferiblemente con seguro e peche keylock, descendedor tipo oito con mosquetón HMS, 2 mosquetóns HMS e 2 metros de corda semiestática de 9 mm (para os exercicios de nós).
A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.
Diploma outorgado
Diploma de asistencia ao Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns. Será necesario asistir o 90% do total do curso e superar o exame teórico/práctico.
*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.
Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns (pdf)
CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171 Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324 Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía