A EGE ensina as técnicas de progresión vertical aos infantís e xuvenís de Cetra e Peña Trevinca
Os días 29 e 30 de marzo, realizaronse unhas xornadas técnicas para os federados infantís e xuvenís, solicitadas polos clubes Cetra e Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, organizada pola Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).
Nestas xornadas de técnificacción os deportistas acadaron a capacidade e autonomía para progresar de forma independente e segura, ademais de consolidar, reforzar e perfeccionalos novos coñecementos, e os xa adquiridos anteriormente.
A xornada foi dividida por categorías e en grupos reducidos, buscando a mellora técnico-táctica nos diferentes aspectos da progresión vertical; nós, fraccionamentos, péndulos e desviadores. entre outros.
Tamén se traballaron as capacidades mentais e as aptitudes persoais como a memoria, a auto confianza, a independencia e outros valores sociais, como o compañeirismo, por exemplo, dándolles así máis ferramentas na súa formación a longo prazo.
Aproveitando estas xornadas, traballamos pequenas pautas para iniciar a estes deportistas no mundo do adestramento para a competición.
Esperamos que, moi pronto, participen nos circuítos de competición e acaden as súas primeiras medallas.
¡Parabéns a todos polo gran traballo!
María Luisa Barros Rodríguez. Directora da EGE.
CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171 Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo Correo: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324 Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía