Actividades Noticias

Elba, a pastora de 9.000 anos de Chan do Lindeiro, visitará Vigo nas conferencias do 27 de abril

Elba, a desafortunada pastora de 9.000 anos rescatada en Chan do Lindeiro, estará en Vigo nas conferencias do sábado 27 de abril sobre Xeoloxía, Paleontoloxía e Conservación de Cavidades, que terán lugar na Casa do Deporte, organizadas pola Escola Galega de Espeleoloxía ( EGE), da FGE.

O acto comezará -ás 10:00 h- coa intervención do geólogo e espeleólogo Juan Ramón Vidal Romaní, que explicará como se forman as covas, ao longo dun proceso de desenvolvemento que pode levar millóns de anos.

A continuación -11:00 h- a Dra. en Bioloxía especializada en Paleontoloxía Aurora Grandal-d’ Anglade contaranos que o único lugar onde os restos do pasado quedan preservados en Galicia é nas covas, as cales se converten así en “un arquivo de vida”.

Pola súa banda, o Dtor. en Ciencias e Tecnoloxía Ambiental e membro da directiva da FGE, Marcos Vaqueiro Rodríguez, falará -a partir das 12:00 h- sobre a protección e a conservación das cavidades.

A finalidade desta actividade é achegar a Espeleología ao público en xeral e ao colectivo espeleológico en particular, desde o punto de vista interdisciplinar das ciencias: Arqueoloxía, Paleontoloxía, Bioespeleología e Topografía, entre outras, dando a coñecer o noso patrimonio espeleológico e poñendo de manifesto que non só somos deporte, tamén somos ciencia.

 CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez  Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo: escuela@espeleoloxia.org  IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía