Noticias

Ata o 22 de marzo podes presentar a túa imaxe ao Concurso fotográfico ‘Furada 14’

Co propósito de ampliar os fondos gráficos e audiovisuais da FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA (FGE), convócase –segundo acordo da Asemblea federativa do pasado 15 decembro- este CONCURSO FOTOGRÁFICO. O mesmo rexerase polas seguintes:

BASES

TEMA: Espeleología, Descenso de Canóns e Espeleobuceo (fotos só de cavidades ou canóns de Galicia).

IMAXES A PRESENTAR: Un máximo de 3 fotografías por participante.

  • Formato: TIF, JPG ou PNG. Horizontal ou vertical.
  • Tamaño: 3508 x 2408 píxeles.
  • Resolución: 300 ppp (píxeles por polgada).
  • Non se admiten fotografías xa premiadas ou presentadas a outros concursos.

PARTICIPANTES: Deportistas, técnicos e entidades, clubs e seccións de Espeleología, adheridos actualmente á FGE.

DEREITOS: Todas as fotografías a concursar pasarán a formar parte do catálogo documental da FGE, a cal dispoñerá delas para o seu uso, en formato dixital e impreso. Os autores serán mencionados sempre que se utilice unha das súas imaxes; todos os participantes deberán ter a autoría e outorgarán o permiso – asinado por escrito – para a cesión das imaxes á FGE (RGPD).

PRAZO: Do 8 ao 22 de marzo de 2019 (ás 14:00 h).

MODO DE PRESENTACIÓN: Enviar ao correo electrónico: concursofotosfurada@espeleoloxia.org as imaxes, achegando nada máis os arquivos, que só deben indicar o titulo de cada foto.

ORGANIZACIÓN E XURADO: Estará composto por 4 membros da FGE: presidente, vogal de Publicacións (actuará como Secretario-sen voto); 1 membro da Asemblea ou Comisión Delegada e o responsable de maquetación da Revista ‘Furada 14’. O fallo do Xurado será inapelable e calquera incidencia será resolta polo mesmo. Os seus compoñentes NON poderán participar neste concurso.

FALLO: O 29 de marzo de 2019 faranse públicos os nomes dos gañadores na web federativa (espeleoloxia. org) e comunicaráselle a estes, a través do correo desde o cal enviaron as imaxes.

PREMIOS: Establécense 3 premios -por valor de 100 € cada un en artigos de espeleoloxía- e unha placa. Estas imaxes serán publicadas na contraportada da Revista ‘Furada 14’.

CRITERIOS FOTOGRÁFICOS: Teranse en conta -entre outros-: impacto visual, creatividade, composición, interese e calidade técnica. Ningún participante poderá recibir máis dun (1) premio.

ENTREGA DO GALARDÓN: Efectuarase na próxima Asemblea da FGE.

Participar neste Concurso supón a plena aceptación das presentes BASES