Cursos Noticias

¿Sabes que é un vivac de Espeleo? Apréndeo connosco apuntándote ao curso antes do 30 de marzo

Se queres saber que é un vivac de Espeleoloxía, apúntate antes do 30 de marzo ao curso que impartirá o 13 e 14 de abril a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE). Non perdas esta oportunidade!

Obxectivos

Adquirir as técnicas para a montaxe dun vivac en calquera situación; coñecer os distintos tipos, escoller os lugares máis apropiados para a súa instalación, seleccionar e preparar o material necesario, durmir no seu interior, establecer as precaucións e medidas de seguridade máis habituais, desmontaxe e recollida do vivac.

Destinatarios

Tódalos maiores de 14 anos federados en Espeleoloxía este ano, en posesión dun curso de Iniciación de Espeleoloxía ou experiencia previa demostrable.

Prazas ofertadas

  • 8 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
  • Para a realización do curso deberá cubrirse un mínimo de 5 prazas.

Prezo

80 euros. A manutención, desprazamentos e aloxamento serán por conta do alumnado.

Horario

  • Sábado: de 09:00 a *21:00 horas.
  • Domingo: de 09:00 a 18:00 horas.

Datas de realización

13 e 14 de abril de 2019.

Modalidade de curso

  • Semi presencial 25 horas: 20 horas presenciais e 5 horas na web.

Profesorado

  • Alberto Vila Garrido (Director do curso).
  • Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a  inscrición, declaración xurada de capacidade física,  autorización do titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
  • No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Refuxios da Federación Galega de Espeleoloxía: Cobas (Rubiá-Ourense) e Serra do Courel (cova a determinar).

Material persoal

Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc. Recoméndase roupa de abrigo tamén para estar no  refuxio, así como todo o necesario para a pernocta no vivac.

Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, PILAS (tamén de reposto), arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, puño con mosquetón ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, luvas, manta térmica e navalla.

A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento ó Curso Monográfico de Vivacs, para obter o diploma será necesario asistir o 90% do total do curso e superar o exame teórico-práctico.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.

          CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía