¡Non te quedes sen a túa praza! e anótate antes do 22 de febreiro ao Curso de Iniciación en Espeleoloxía que imos facer os días 9, 10, 23 e 24 de marzo, na Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).

Obxectivos

Proporcionar un achegamento pleno á espeleoloxía, ofrecendo unha visión xeral do medio no que se desenvolverá a actividade do espeleólogo: as cavidades, así como outros aspectos federativos para calquera espeleólogo.

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso.

Prazas ofertadas

  • 15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
  • Para a realización do curso deberá cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo

100 euros. A manutención, desprazamentos e aloxamento serán por conta do alumnado.

Horario

  • Sábados: de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.
  • Domingos: de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Datas de realización

9, 10, 23 e 24 de marzo de 2019.

Modalidade de curso

  • Semi presencial 40 horas: 35 horas presenciais e 5 horas na web.

Profesorado

  • Ignacio Hornes Amenedo (Director do curso).
  • Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a  inscrición, declaración xurada de capacidade física,  autorización do titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
  • No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Refuxios da Federación Galega de Espeleoloxía: Argomoso (Mondoñedo – Lugo)

Material persoal

Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc. Recoméndase roupa de abrigo tamén para estar no  refuxio.

Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, PILAS (tamén de reposto), arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, puño ou basic con pedal e dous mosquetóns, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, luvas (opcional) e  2 metros de cordino de 9mm.

A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia ó Curso de Iniciación á Espeleoloxía. Será necesario asistir o 90% do total do curso e superar o exame teórico/práctico.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.

          CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía