Destacados Noticias

Tramita a túa licenza 2019

Xa podes tramitar a túa licenza para 2019. Cada federado pode descargala en PDF desde a web e imprimir (coa opción ‘sen axuste de páxina’), recortar e plastificar.

Desde o venres da semana en que o teu club envíe á FGE o impreso de solicitude, poderás acceder a túa licenza federativa as veces que queiras -utilizando a túa nº e letra de DNI, NIF ou Pasaporte-  desde:

Descarga aquí a túa licenza

A licenza deportiva autonómica é un dereito individual do espeleólogo que se exercita a través da pertenza aos clubs ou individualmente; é persoal e intransferible e a súa validez é dun ano natural.

Esta licenza é necesaria para poder tomar parte na actividades oficiais da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), integrarse na mesma e concorrer ás subvencións que outorga.

  • A cobertura en Rescates aplícase a todas as actividades (principais e complementarias).
  • A póliza inclúe o Seguro de Rescate en España e no estranxeiro ata 18.000 €.
  • Os menores de 18 anos necesitan unha autorización paterna, que será custodiada polo club ao que pertenzan.
  • A FGE tramitará as licenzas cada xoves ás 12 DA MAÑÁ, ou ben o penúltimo día laborable, no caso de ser festivo.
  • Recoméndase ler o Protocolo de Actuación de Aon Allianz no caso de Accidente Deportivo, accesible na web da FGE.

Prezos

Os ingresos realizaranse de forma independiente, isto é:

  1. Un ingreso polo importe total de cada relación de federados.
  2. Un ingreso para a cota de club autonómica.

Cotas da licenza

A cota total a pagar en cada licenza resulta de sumar a que establecen anualmente as seguintes entidades:

Impresos de solicitude de licenzas autonómicas 2019

Procedemento para a tramitación de licenzas

  1. Descargar o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
  2. Cubrir o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
    • Os estranxeiros poñerán o seu número de pasaporte.
    • Os menores de idade sen DNI, poñerán o do seu pai, nai ou titor legal.
    • No campo Tipo NIF, indicarase o tipo: DNI, DNI do titor (para menores de idade) ou  Pasaporte.
    • Elixir a categoría da licenza: Deportista, Técnico ou Árbitro.
    • Elixir o tipo de licenza: Club ou individual.
    • Elixir a idade da licenza: Infantil, Xuvenil ou Maior.
    • Elixir a modalidade da licenza: A, B, B1, A+, B+, B1+.
    • O impreso contabiliza de forma automática o importe da licenza elixida.
    • Todos os campos son obrigatorios.
  3. Ingresar o importe total, que figura ao final do impreso de ‘Solicitude’, na conta: 2080-0553-57-3040008264 – IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264
  4. Enviar por correo electrónico o impreso de ‘Solicitude‘ cuberto e o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com
  5. O venres seguinte ao envío, cada federado poderá descargar a súa licenza en pdf desde a ligazón ‘Descarga a túa licenza‘.

    Cota anual de club e procedemento

A cota anual de club é Autonómica (obrigatoria).

  1. Ingresar a cota autonómica, indicando o club que a realiza, na conta: 2080-0553-57-3040008264 – IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264
  2. Enviar por correo electrónico o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com

Documentos asociados: