A secretaria xeral atreveuse a cruzar un paso estreito.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Téllez, descubriu hoxe o mundo da Espeleoloxía da man da Federación Galega, durante a realización dun interesante percorrido pola Cova do Rei Cintolo, a máis longa de Galicia, situada no Concello lucense de Mondoñedo.

Foron o presidente da Federación, Francisco Martínez, e a directora da Escola Galega de Espeleoloxía, María Luisa Barros, os encargados de mostrar á secretaria xeral a beleza do mundo subterráneo, no transcurso dunha visita pola galería principal da cavidade mindoniense.

Marta Míguez, moi impresionada pola experiencia, mostrou especial interese por coñecer as normas básicas de seguridade na práctica da espeleología, entre as que destacan a importancia de contar cunha boa topografía

Míguez descendeu unha das ramplas da cavidade.
Entrando entre charcos á Sala ‘Lluvias’.

cando se accede por primeira vez a unha cavidade, coa finalidade de evitar extraviarse e atoparse con situacións complicadas, en ocasións moi difíciles de superar.

Nocións básicas sobre as formacións

Ademais, a directora xeral recibiu con gran satisfacción nocións básicas sobre a xénese das cavidades kársticas -como a Cova do Rei Cintolo- e descubriu con curiosidade algunhas das formacións máis destacadas desta cova.

Tamén a acompañaron nesta, a súa primeira experiencia espeleológica, o concelleiro de Deportes, Industria e Promoción Económica, Manuel Tapia Rivera, e un dos espeleólogos da Federación Galega que realizan habitualmente o guiado nas visitas turísticas á cavidade, Gonzalo Villarmea Carreiras.

O percorrido pola Cova do Rei Cintolo foi o colofón a unha visita que comezou no salón de actos do Concello, onde a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, a secretaria xeral e o presidente da Federación recibiron aos alumnos do Ciclo de Deporte do Instituto Monte Castelo de Burela.

Míguez destaca o labor dos espeleólogos

Na súa intervención, Míguez Téllez destacou o valor do labor desenvolto polos espeleólogos para dar a coñecer o mundo subterráneo, así como o traballo que realizan para preservar a súa conservación.

Marta Míguez, Elena Candia e Francisco Martínez, durante o acto.
Os alumnos do Ciclo de Deporte do Instituto de Burela.

Pola súa banda, Candia López resaltou que as relacións entre a entidade que preside e a Federación gozan de excelente saúde e existe unha comunicación moi fluída entre ambas as institucións.

Por último, Martínez García explicou que a experiencia na Cova do Rei Cintolo é totalmente distinta á que se ofrece noutras cavidades de maior renome nas que se realiza “turismo de pasarela” e animou aos alumnos do Instituto Monte Castelo a que se achegasen a coñecer este deporte.

Outras imaxes da visita da secretaria xeral para o Deporte:

María Luisa Barros explicou a Marta Míguez as formacións kársticas.
A secretaria xeral para o Deporte, observando uns gours.

 

 

 

 

 

 

 

Ligazóns de interese:

A secretaria xeral para o Deporte destaca o traballo da Federación Galega de espeleoloxía “para descubrir os segredos” da cova mindoniense do Rei Cintolo