Na súa intervención, Maruxa Barros agradeceu este recoñecemento a súa traxectoria deportiva.

O fin de semana  do 24 de novembro celebrouse a gala dos Premios de Espeleoloxía na localidade de Villacarrillo (Jaén), coincidindo ca Xornada de divulgación e promoción da espeleoloxía,  xunto co 40 aniversario da creación do Grupo de Espeleología de Villacarrillo (GEV).

Ata esta localidade, desprazáronse deportistas de diferentes puntos de España e tamén do estranxeiro.

Estes premios, únicos en Europa e de carácter internacional, naceron para recoñecer e dar visibilidade a persoas, deportistas, colectivos  e entidades que, de algunha maneira, realizan unha labor e traballo excepcional é destacable nas distintas facetas da espeleoloxía.

Por iso, a entrega dos mesmos contou coa asistencia de numerosas autoridades, tanto dos gobernos estatal e autonómico como rexional e local.

A nosa galardoada, cos responsables do Grupo de Espeleología de Villacarrillo.

Entre os galardoados encontrábase a galega María Luisa (Maruxa) Barros Rodríguez, que desde hai 27 anos pertence ao Espeleoclub  Aradelas de Vigo e, ademáis, leva desde o ano 2014 ao fronte da nosa Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).

Foi nominada e galardoada con este  premio -que outorga o Grupo de Espeleología de Villacarrillo- pola súa traxectoria deportiva no mundo da espeleoloxía e a competición, onde sempre conseguiu moi bos resultados, quedando sempre entre os primeiros postos nos diversos campionatos de todo o territorio nacional e internacional nos que participou nestes anos.

Este premio é un orgullo para a nosa comunidade espeleolóxica, xa que é a primeira vez que un galego -neste caso unha galega- recibe este galardón.

Satisfeitos por este novo premio, queremos compartilo con todos vós e transmitirlle a nosa norabóa: ¡Parabéns Maruxa!

Maruxa Barros (á dereita) posou co resto dos premiados nesta edición.

Enlaces de interés:

http://espeleovillacarrillo.blogspot.com/2018/11/cronica-de-las-jornadas-de-divulgacion.html

www.diariojaen.es: Cuatro décadas en la vanguardia