Cursos Noticias

Participa nas nosas Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS

Convidámosche a participar nas Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS, os días 1 e 2 de decembro en Mondoñedo (Lugo). Trátase dun punto de encontro en prol do intercambio de experiencias entre os espeleo – topógrafos, organizado pola Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).

Obxectivos

Avaliar as novas tecnoloxías dispoñíbeis para o inventariado, xeolocalización e achegamento ás cavidades empregando GPS e introdución as ferramentas dispoñíbeis: Waypoint, Tracks e capas en SIG e fichas com, código QR.

Integración das topografías das covas nun SIG; dos datos topográficos ó modelo dixital, e do modelo dixital á capa KML; construción dos modelos dixitais; correlación da paisaxe exterior e a subterránea Estándares da UIS (UIS Informatics Commission – Survey and Mapping Working Group); e código ético do ECPC-FSE.

Destinatarios

Espeleólogos con licenza de Espeleoloxía. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun titor, tamén federado.

Se precisan coñecementos básicos de informática, cartografía e práctica na topografía espeleolóxica.

Prazas ofertadas

  • 20 prazas, por rigorosa orde de inscrición.
  • Para a realización das Xornadas deberase cubrir un mínimo de 8 prazas.

Prezo

  • Federados da FGE: 20 €. Subvencionado pola FGE ó 75%.
  • Resto federados da CEC: 20 €.
  • Membros da EGE: gratuíto.
  • O abono farase en efectivo no momento de incorporación as Xornadas.
  • A manutención e os desprazamentos serán por conta do participante.
  • O alumnado poderá  durmir no Refuxio de Mondoñedo (previo aviso a EGE).

Datas e horario de realización

  • 1 de  decembro, sábado, de 09:30 a 14:00 horas e de 16:15 a 21:00 horas.
  • 2 de  decembro, domingo, de 09:30 a 14:00 horas.

Modalidade das xornadas

  • Presencial: 15 horas de formación teórico – práctica.
  • A información técnica aloxarase na plataforma de formación Moodle,  da EGE.

Profesorado

  • Manuel Díaz Prieto: Director e membro da EGE.
  • Marcos Vaqueiro Rodríguez: Coordinador técnico e colaborador da EGE.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir: a inscrición, a declaración xurada de capacidade física,  a autorización do titor no caso dos menores de idade e achegar a fotocopia da licenza ou o certificado da solicitude.
  • Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes das Xornadas.

Lugar de realización

  • Venres, dende as 20 h: Refuxio de Argomoso-Mondoñedo (Lugo).
  • Sábado: Pazo de Santo Tomé (Rúa Xulia Pardo Montenegro nº 13, Mondoñedo).
  • Domingo: Zona kárstica de Supena -Orxal (Argomoso -Mondoñedo).

Material persoal

  • Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a actividade.
  • Equipo topográfico por club participante (brúxula, clinómetro e medidor distancias e libreta)
  • Teléfono móbil 4G ou GPS, portátil ou tablet con sistema operativo actualizado e usb.

A Federación dispón de material básico de topografía, que poden solicitar aqueles clubs que non dispoñan del. As solicitudes faranse con 15 días de antelación á realización das Xornadas.

Diploma outorgado

Certificado de asistencia as Xornadas da EGE. Será necesario asistir ó 90% do total do programa para obter o certificado.

*No caso de non participar na actividade, a FGE resérvase o dereito de devolución do 80%  do custe da mesma, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESÉRVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

         CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264

Cartel Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS

Díptico Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS