Anunciámosvos unha excelente noticia para os espeleólogos e deportistas ao aire libre en xeral: As autorizacións para realizar actividade espeleológica ou de descenso de canóns en Rede Natura 2000 de Galicia xa só se tramitan por Internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://www.sede.xunta.gal/.

Esquéceche de cubrir e enviar por Rexistro o impreso Rede Natura 2000 Galicia Permiso, como faciamos ata agora. O procedemento simplificouse. Xa non tes que enviar ese impreso, pero podes facelo se o prefires.

Outra boa noticia é que poderás solicitar a autorización, como mínimo, ata 3 días antes de realizar a actividade, o que evita a obrigación de facer plans con tanta antelación como antes e o risco de ter que cancelalos por unha climatoloxía adversa na data prevista.

E unha mellora moi práctica para os que tedes Zona de Traballo ou ides con frecuencia á mesma área é que os permisos se poderán pedir para un prazo de 2 meses*, como máximo. Así, non terás que estar a enviar unha solicitude cada fin de semana durante ese período de tempo.

A partir de agora necesitarás cubrir o procedemento electrónico  PR004A (podes seguir o tutorial) e dispoñer dun certificado dixital ou a Chave 365 da Xunta de Galicia. Como sabes, debes desactivar a protección do teu antivirus para utilizar un certificado dixital. Non esquezas volver activalo ao acabar.

No procedemento electrónico  PR004A dispós de espazo para cubrir os mesmos datos que no antigo impreso de solicitude ( Rede Natura 2000 Galicia Permiso): Servizo Provincial ao que vai dirixido; datos completos e de contacto do peticionario; zona ZEC ou LIC, nome da cavidade ou canón e coordenadas; datas da actividade, tipo de actividade, localidade e municipio; así como nome, apelidos e DNI dos participantes. Por iso, indicámosche nos nosos apartados Impresos e en Rede Natura Galicia Permiso:

Procedimiento a seguir ata 72 horas antes da actividadE:
  1. Le con atención e segue os pasos que indica o documento Rede Natura_Tutorial Uso Sede.xunta_PR004A_gal.
  2. Accede e cobre os datos do procedemento electrónico PR004A.
  3. Recibirás a resposta no correo electrónico que indiques no procedemento PR004A ou no teu teléfono móbil.
  4. Non imprimas a autorización, basta con levala no móbil.
  5. É obrigatorio que leve a autorización cada deportista relacionado na actividade.

*Algunhas actividades impactan nas especies cando aniñan na zona solicitada, por iso é necesario renovar a petición cada 2 meses se vas con frecuencia a esa área ou se tes concedida alí unha Zona de Traballo da FGE.