O G.E.S. Club Montañeiros Celtas organiza -en nome da FGE- o LI Campamento Galego de Espeleoloxía, que terá lugar os días 1, 2, 3 e 4 de novembro na localidade cántabra de Ramales de la Victoria, contamos contigo?

Inscrición: Cobre o impreso adxunto, no que debes indicar nome, apelidos, DNI, tipo de licenza e club ao que pertences e envíao á dirección de correo electrónico do G.E.S. Club Montañeiros Celtas: espeleo@celtas.net

Prazo de inscrición: Ata o 16 de outubro de 2018.

Teléfono: 986 438 505, de luns a venres, de 19.00 a 21.30 h.

Correo electrónico: espeleo@celtas.net Web: www.celtas.net

Datas da actividade: 1, 2, 3 e 4 de novembro de 2018.

Cota participación: 25,00 €.

Pernoita: no pavillón municipal de Ramais -polo que se recomenda levar esterilla e saco- e no aparcadoiro onde poderán estacionar as autocaravanas e furgonetas.

  • Para poder participar como espeleólogo é imprescindible estar en posesión de a licenza anual do ano en curso expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleología recoñecida por esta.
  • Non son válidas licenzas de 3 ou 30 días.
  • Os deportistas virán equipados co seu material espeleológico individual. A organización non se responsabiliza de posibles accidentes.

Tes máis información en:

Inscripción LI Campamento Galego de Espeleoloxía.

Díptico LI Campamento Galego de Espeleoloxía.

Cartel LI Campamento Galego de Espeleoloxía.