As augas do río Cerves, en Melón, acolleron o Curso de Autosocorro en Canóns

Nun recuncho da provincia de Ourense, lonxe do ruído da urbe, xorden as augas do río Cerves (no municipio de Melón) que deixan o seu paso un fermoso percorrido de rochas, un lugar de interese para todos aqueles deportistas que pretenden gozar da natureza dun xeito diferente.
Neste paraxe tivo lugar o ‘Curso de Autosocorro en Canóns’, celebrado durante os pasados días 1 e 2 de setembro e promovido pola Federación Galega de Espeleoloxía, a través da Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).
Foron dous técnicos deportivos desta organización, Ramón Vila e Alberto Vila, os encargados de dirixir as manobras desenroladas nas paredes do tramo Tourón.

Os cinco participantes nestas xornadas puxeron en práctica diversas técnicas de rescate, rematando cos coñecementos necesarios para asistir a un compañeiro e incluso para saber proceder en situacións de risco para a súa propia vida.
Os coñecementos impartidos, pese a ser de carácter básico, supoñen un mínimo necesario para calquera deportista que pretenda gozar deste tipo de actividade.
Os obxectivos deste curso foron claros dende o principio, e acadáronse para todos os participantes, que valoraron positivamente tanto a profesionalidade e a dedicación dos docentes como o material técnico e didáctico empregado.

O descenso de canóns e unha actividade de emoción e aventura, pero debemos ser conscientes dos riscos que entraña. Por iso, coñecer o manexo do material e equipos propios deste deporte, algunhas técnicas de resolución de problemas sinxelos no descenso e ascenso verticais e descubrir algúns conceptos e procedementos de primeiros auxilios, son a maneira máis segura de gozar dunha sesión entre amigos e compañeiros.
¡Convidámosvos á próxima edición que terá lugar o vindeiro ano, 2019!.
Autor: Ramón Vila Garrido, director da actividade e técnico deportivo da EGE.
CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171 Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264