(Español) Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns o 26 e 27 de maio e o 2 e 3 de xuño en Mondoñedo
Se queres adquirir unha base sólida para gozar dos canóns e barrancos con total seguridade é a túa oportunidade co Curso de iniciación ao Descenso de Canóns que impartirá a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE) os días 26 e 27 de maio e 2 e 3 de xuño en Mondoñedo (Lugo).
Obxectivos
Este curso pretende proporcionar un achegamento pleno ó descenso de canóns, ofrecendo unha visión xeral do medio no que se desenvolverá a actividade do barranquista: os canóns, así como outros aspectos federativos.
No apartado técnico e formativo, o alumnado coñecerá os materiais máis usados nesta modalidade e aprenderá as técnicas básicas de progresión horizontal e vertical. Tamén se moverá pola corda superando dificultades como os fraccionamentos, desviadores, pasamáns, destrepes, entre outras.
Datas e horario de realización
26 e 27 de maio e 2 e 3 de xuño de 2018.
- Sábados: de 09:00 a 14:00h. e de 15:00 a 20:00h.
- Domingos: de 09:00 a 14:00h. e de 15:00 a 17:30h.
Prezo
100 €. Os desprazamentos e a manutención serán por conta do alumnado.
Prazas ofertadas
- 15 prazas por rigorosa orde de inscrición.
- Para a realización do curso deben cubrirse un mínimo de 8.
Modalidade do curso
- Duración: 40 horas: 35 horas presenciais e 5 horas na web.
Destinatarios
Para maiores de 14 anos, federados en Espeleoloxía en 2018. Non se precisa experiencia previa.
Inscrición
- Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
- Cubrir a inscrición, a declaración xurada de capacidade física, a autorización do titor dos menores de idade, o xustificante de ingreso bancario do curso, a fotocopia da licenza ou o certificado da solicitude.
- Remitir estes documentos vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org ata 15 días antes do curso ou ata que se cubran as prazas.
- De non asistir ao curso, a FGE resérvase o dereito de devolución do 80% do seu custo a quen acredite unha xustificación de forza maior por escrito.
Lugar de realización
- Refuxios da Federación Galega de Espeleoloxía: Argomoso-Mondoñedo (Lugo).
- http://www.espeleoloxia.org/web/refugios/
Profesorado
- Sonia Díaz García (directora do curso).
- Técnicos de dilatada experiencia da Escola Galega de Espeleoloxía.
Material persoal
Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc. Recoméndase roupa de abrigo tamén para estar no refuxio.
Neopreno, botas de canóns (ou no seu defecto, botas de montaña), casco, arnés de canóns ou espeleoloxía, bagas de ancoraxe cos correspondentes mosquetóns asimétricos sen seguro e con peche keylock, descendedor Oito con mosquetón HMS, 2 mosquetóns HMS e 2 metros de cordino de 9mm.
A Federación dispón de material básico individual para alugar ós deportistas que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.
Diploma outorgado
Diploma de asistencia con aproveitamento ó Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns. Para obter o diploma será necesario asistir o 90% do total do curso e superar o exame teórico e o práctico.
*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESÉRVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.
CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171 Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264