(Español) Apúntate ao Curso de Iniciación aos Canóns antes de que se cubran as prazas
Curso de Iniciación aos Canóns
Apúntante antes de que se cubran as prazas ao Curso de Iniciación aos Canóns que imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (E.G.E.) os días 16, 17, 23 e 24 de setembro de 2017.
Obxetivos
- Este curso pretende proporcionar un achegamento pleno aos canóns, ofrecendo unha visión xeral dá estrutura organizativa da Federación, así como a importancia dunha actividade segura, cívica e de respecto co medio natural
- No apartado técnico, coñecerán o material e as técnicas básicas utilizadas para a progresión horizontal e vertical; trepes, destrepes, descenso por corda, superación de dificultades e realización de nós.
Destinatarios
Público en xeral, deportistas sen formación previa e maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso.
Prazas ofertadas
15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición. Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.
Prezo
100 euros. A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.
Horario
- Sábados, de 09:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 20.00 horas.
- Domingos, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18.00 horas.
Data de realización
- 16 e 17 de setembro de 2017.
- 23 e 24 de setembro de 2017.
Modalidade de curso
Seme presencial, 35 horas presenciais, 5 horas na web.
Profesorado
Mª Luisa Barros Rodríguez (Directora do curso). Profesorado titulado da Escola Galega de Espeleoloxía.
Inscrición
- Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
- Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude. Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
- A inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrilas prazas.
- No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.
Lugar de realización
- 16 e 17 de setembro de 2017 no Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía en Mondoñedo/Lugo.
- 23 e 24 de setembro na zona de Ourense, a durmida deste fin de semana será por conta dos participantes.
Material persoal
- Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.
- Para o curso: Neopreno completo, escarpíns, calzado especifico para o descenso de canóns ou calzado de montaña. Casco, arnés de canóns ou de espeleoloxía con maillón, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, descendedor Oito ou Piraña, 4 mosquetóns HMS, bloquedor de man, 3 mts cordino de 8 ou 9 mm, luvas (opcional).
- A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso.
Diploma outorgado
- Diploma de asistencia con aproveitamento no Curso de Iniciación aos Canóns.
- Para obter o diploma será necesario, asistir ao 90% do total do curso, aprobalos exames teórico- prácticos e cubrila enquisa.
*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.
María Luísa Barros Rodríguez
Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo