Cursos

(Español) Curso monográfico inicial de instalación de ancoraxes o 17 e 18 de xuño

Sentímolo, esta entrada atópase dispoñible unicamente en Español.) For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Diptico Monografico Inicial de instalacion de ancoraxes

Inscríbete antes do día 2 de xuño

Obxectivos:

O obxectivo deste monográfico ten como finalidade; saber seleccionar os  ancoraxes destinados a nosas actividades así como a súa correcta instalación, coñecer o comportamento mecánico dos ancoraxes e outros materiais de seguridade, aprender a calcular o factor de seguridade existente en cada caso, observar e valorar os esforzos  máximos que se podan producir no caso de  rotura dos ancoraxes dun fraccionamento.

Destinatarios:

Tódalas persoas maiores de 14 anos federadas en espeleoloxía no ano en curso, ser autónomas na práctica da técnica de progresión vertical. Non é necesario ter experiencia previa na instalación de ancoraxes con burillador e maza.

Prazas ofertadas:

15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición. Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo:

80 euros. A manutención e desprazamentos serán por conta del alumnado.

Horario:

  • Sábado, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.
  • Domingo, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Data de realización:

17 e 18 de xuño de 2017.

Modalidade de curso:

Curso maiormente práctico. Semi- presencial, 18 horas presenciais, 2 horas semi- presenciais.

Profesorado:

Alberto Vila Garrido (director do monográfico). Profesorado cualificado e titulados/as da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición:

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física,  autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante do ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrilas prazas.
  • No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización:

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía en Cobas (Ourense).

Material persoal:

  • Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio)e material de aseo.
  • Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto), luvas, arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, e saca de instalación (burillador e maza, tubo soprador e gafas de protección).

Diploma outorgado:

  • Diploma de asistencia con aproveitamento ao Monográfico Inicial de Instalación de Ancoraxes.
  • Para obter o diploma será necesario; asistir ao 90% do total do curso, acadar a cualificación de apto/a dos exames teórico- prácticos e cubrila enquisa de satisfacción.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo