Curso de Iniciacion en Espeleoloxía 11 e 12, 18 e 19 de marzo

Diptico Curso Iniciación Espeleo-Marzo

Obxectivos
Este curso pretende proporcionar un achegamento pleno a espeleoloxía, ofrecendo unha visión xeral da estrutura organizativa da Federación, así como do medio no que se desenvolverá a actividade do espeleólogo/a: as cavidades e as súas normas básicas de seguridade.
No apartado técnico o alumnado coñecerá os materiais usados nesta modalidade e aprenderá as técnicas básicas de progresión horizontal e vertical: pasos estreitos, laminadores, trepes e destrepes…Tamén aprenderá a moverse pola corda superando dificultades como; fraccionamentos, desviadores, péndulos, nós, pasamáns, entre outras, tanto en ascenso como en descenso.

Destinatarios
Tódalas persoas maiores de 14 anos federadas en espeleoloxía no ano en curso.

Prazas ofertadas
15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberán cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezos
100 Euros
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario
Sábados, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.
Domingos, de 09:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.

Data de realización
11 e 12 de marzo de 2017
18 e 19 de marzo de 2017

Modalidade do curso
Semipresencial, 35 horas presenciais , 5 horas na web

Profesorado
Carolina Rodríguez Domingo/Directora do curso. Profesorado titulado da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición
Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrir as prazas.
No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización
Refuxios da Federación Galega de Espeleoloxía en Mondoñedo/Lugo e Cobas/Ourense.
A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía e outros factores.

Material persoal
Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a durmida(esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.
Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, (lembrade levar PILAS, 4 AA, tamén de reposto), luvas (opcional), arnés de espeleoloxía con maillón, (non son válidos os arneses de escalada ou de descenso de barrancos), arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, 6 mosquetóns, casco con iluminación e 2 metros de cordino de 9mm.
A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado
Diploma de asistencia con aproveitamento no Curso de Iniciación en Espeleoloxía. Para obter o diploma será necesario, asistir ao 90% do total do curso, aprobalos exames teórico- prácticos e cubrila enquisa.
*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo