Obxectivos

Dar a coñecelos coidados inmediatos, provisionais e adecuados as situacións de emerxencia básicas que podan ter lugar durante a progresión das actividades en canóns e cavidades. Baixo estas circunstancias a asistencia levase a cabo no propio lugar do accidente, de modo que en ocasións disponse de material suficiente e, en outras, é necesario a improvisación.

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federadas en espeleoloxía no ano en curso e teñan superado un curso de Iniciación en Espeleoloxía ou Descenso de Canóns

Prazas ofertadas

20 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas

Prezo

60€ / Terán orde de preferencia os federados da FGE e CEC
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado

Horario

Sábado, de 09:30a 14:00horas e de 15:00a 20.00horas Domingo, de 09:00a 14:00horas e de 15:00a 19:00horas

Data de realización

24 e 25 de setembro do 2016

Modalidade de curso

Semipresencial, 18 horas presenciais, 2 horas na web

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OUCANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS

Profesorado

Ramón Vila Garrido (director do monográfico) Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía

Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude. Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso
No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito

Lugar de realización

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía: Covas (Ourense)

http://www.espeleoloxia.org/web/refugios/normasde-uso/

A parte práctica do curso realizarase nas cavidades da zona

A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía e outros factores

Material persoal

Cada participante verá provisto de todo o material necesario para durmir (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc

Para o curso:

Funda de traballo, roupa cómoda ou mono de Espeleoloxía (mono exterior e interior) Botas (de goma ou tipo montaña) Casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto). Equipo completo de progresión vertical para Espeleoloxía ou Descenso de Canóns. Navalla e Manta térmica

A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento as Xornadas de Prevención e Primeiros Auxilios en cavidades e Canóns
Será necesario asistir ao 90% do total do curso e acadar a cualificación de apto para obter o diploma

2016 Diptico primeros auxilios