A Cova do Rei Cintolo encóntrase a 6 quilómetros do Concello lucense de Mondoñedo, na aba oeste do Monte Couto Redondo, na parroquia de Argomoso. É a cova calcaria máis grande de Galicia, cun desenvolvemento de 6.500 metros de lonxitude, dos cales 4.546 están topografiados, e conta cun desnivel de 75 metros. Estrutúrase en catro sectores: Sector Central, Zona Nova, Vía dos Apóstolos e Dédalo Sur. Pola súa cota máis baixa discorre o Río Celtas.
Foi catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta de Galicia como depósito de tipo Paleolítico.

ATENCIÓN:
As visitas á cova interrómpense do 9 de decembro ao 31 de xaneiro, por motivos biolóxicos.

Para cumprir esta normativa, é obrigado

Con ao menos 48 horas de antelación enviarase unha solicitude de permiso ao Concello de Mondoñedo para a actividade espelolóxica.

Os grupos de deportistas non serán superiores a 10 persoas. Permítense un máximo de 3 grupos á vez no interior da cavidade. Haberá un responsable para cada grupo e cubrirase unha solicitude para cada un.

Adxunto a solicitude, indicar no plano as galerías polas que fará a visita, para que se hai una emerxencia sexa mais fácil a súa localización.