A Federación Galega de Espeleoloxía e a Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo (UPCD) do Centro Libredón veñen de asinar un convenio de colaboración que beneficia cun 25% de desconto aos nosos federados.

A UPCD leva 14 anos traballando no mundo do deporte e céntrase na preparación mental, mediante intervención, asesoramento e formación de deportistas, adestradores, árbitros, pais, directivos e equipos.

O seu obxectivo é mellorar o seu rendemento mediante as ferramentas propias da Psicoloxía e do Coaching Deportivo.

Grazas a este convenio, asinado o pasado mes de febreiro, todos os federados e afiliados á FGE poderán gozar dun 25% de desconto nos servizos que contraten coa UPCD.

Para máis información coñece a súa páxina web.