Noticias

Prezos dos refuxios 2014

Actualización do pago e dos prezos para o aloxamento nos refuxios

A Asemblea Xeral Ordinaria da FGE do día 19 de febreiro de 2011 acordou a conveniencia de cambiar o abono de pasala noite nos refuxios da FGE, polo que estes pasarán de realizarse en efectivo a realizarse por transferencia bancaria.

Ata 5 (cinco) días logo de finalizar a actividade, na conta: 

CC: 2080-0553-57-3040008264

SWIFT/BIC: CAGLESMMXXX
IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264

O AVISO DE RESERVAdos refuxios poderá realizarse, como máximo, cunha ANTELACIÓN DE 30 DÍAS á súa ocupación, tendo sempre preferencia as actividades da FGE e da Escola.

O prezo do ano 2014 para o aloxamento nos refuxios -mantense o dos anos 2012 e 2013- é:

  • Federados: 2 euros a noite
  • Non federados: 5 euros a noite