Noticias

In memoriam Guillermo de Oca Montero

A Federación Galega de Espeleoloxía desexa manifestar o seu profundo pesar polo tráxico falecemento en accidente deportivo de Guillermo de Oca Montero, o pasado día 28 de maio, mentres participaba no Campamento Galego de Descenso de Canóns na Serra do Xistral , en Mondoñedo.
O colectivo de espelólogos galegos lamenta a súa perda e acompañan na súa dor á familia e ao GES Club Montañeiros Celtas, de Vigo, do que era socio.

A xunta directiva da Federación Galega de Espeleoloxía