Rematou o I Congreso
O I Congreso Galego de Espeleoloxía xa rematou; durante tres días compartimos no Barco de Valdeorras coñecementos e vivencias adquiridos por institucións, persoas e clubs durante máis de 25 anos. No mesmo tivemos o privilexio de contar coa representación das Federacións Catalá e Valenciá, ademáis da presenza de compañeiros doutras comunidades autónomas.
Os datos deste congreso son:
- 128 – Inscripcións
- 107 – Asistentes
- 22 – Entidades participantes
Non debemos deixar pasar a ocasión de agradecer públicamente o esforzo e apoio das entidades e persoas grazas ás cuais poidemos facer realidade este proxecto.
Unha vez máis, a todos, moitas grazas.