Coincidindo có ano no cal celebramos o noso 25 Aniversario como Federación Galega de Espeleoloxía (F.G.E.), organizamos o I Congreso Galego de Espeleoloxía, que levarase a cabo na localidade de O Barco de Valdeorras (Ourense), durante os días 13-14 e 15 de Outubro.

Para o desenvolvemento do mesmo, contamos có apoio do Concello do Barco, Concellería de Deporte e Xuventude que respaldou esta iniciativa como anfitrión deste evento.

O Congreso nace co obxectivo de amosar “algo máis que deporte-ciencia”, desenvolvendo un amplo abano de actividades: relatorios, mesas redondas, exposicións, certame fotográfico e obradoiros informáticos.

Todo elo co fin de dar a coñecer os avances deportivos e científicos que se produciron no contorno espeleolóxico, especialmente en Galicia. Servindo como foro de diálogo, unión e intercambio de ideas.

Esperámosvos a todos, neste o noso I Congreso: espeleólogos, clubs, técnicos ou investigadores, a cita é en Valdeorras …

A Comisión Organizadora