![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
É un motivo de gran satisfacción para a FGE poderlles presentar o primeiro Refuxio a tódolos Clubs que a integran, como inicio dunha campaña para dotar de instalacións deportivas os lugares que adoitamos visitar na nosa práctica deportiva en Galicia.
Esta realidade foi posíbel grazas á cesión dun galpón, que xentilmente donóu a Familia de "Casa Jaime" de Liñares (Pedrafita-Lugo), así como ás axudas económicas que se recibiron posteriormente para o seu acondicionamento como Refuxio, dos Organismos Autonómicos e Provinciais.
|
O seu privilexiado emprazamento, ubicado nun fermoso marco natural, na Serra do Caurel, fai posíbel abranguer unha ampla zona cárstica, na cal abundan (nun raio de 50 km.) cavidades naturais, idóneas para a práctica da exploración subterránea e o descenso de canóns. O Refuxio ten uns 17 m2, e consta dunha zona para cociñar e de liteiras, está dotado cos útiles precisos para acomodar a oito deportistas. |

|
Dispón dunha estufa que permite crear un clima confortabel na época invernal e dun falso teito para gardar material. Grazas ás subvencións recibidas da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia nos anos 2004 e 2005, dotáronse estas instalacións dunha cabina de acceso, auga corrente e servizos. Tamén se illou a edificación forrándoa de pedra do país. |
Previsión de uso da instalación (*)
|
Datas |
Nº participantes |
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
* A previsión de uso da instalación non implica reserva de plazas.
* Aquelas entidades que notificasen por escrito a previsión de uso da instalación terán preferencia á hora de marcar os horarios.