![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar (Autor: Enrique de Arce)
Congreso en el 25 Aniversario.
O 2006 ten un especial significado para a espeleoloxía deste país. Data tan esencial non podía ficar silenciada. Así, acordóuse celebrala dignamente celebrando o I Congreso Galego de Espeleoloxía, para o que se elexíu un marco axeitado: O Barco de Valdeorras, zona calcárea por excelencia onde se atopan algunhas das covas máis fermosas de Galiza.
Cintolo: stop ás obras.
O alto tribunal paralizou cautelarmente uns traballos aos que non cabía darlle outra resposta.
Unha sima natural.
A sima do Pico Sacro é natural. Estas conclusións se recollen nun interesante traballo publicado nestas páxinas.
Orensán inquedo.
O orensán Ignacio Rafael Ramos volta ás andadas e nos conta con detalle a súa derradeira expedición.
Mortos nas paredes.
O compañeiro José Higinio Diz relata o singular costume dun pobo filipino que colga a os seus mortos das paredes calizas.
O Barco, Sede do I Congreso Galego de Espeleoloxía.
Organizado pola Federación Galega e coincidindo co seu 25 Aniversario, expertos de toda Galiza e do exterior exporán os seus traballos científicos e deportivos en máis de 25 relatorios e comunicacións. Dito congreso tenrá lugar no Barco de Valdeorras, durante os días 13, 14 e15 de Outubro, coa colaboración de institucións públicas e privadas.
O TSXG paralizou cautelarmente as obras na Cova do Rei Cintolo. (Autor: Serafín Barca)
A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paralizou cautelarmente no 2005, as obras de adaptación para a apertura ao público da Cova do Rei Cintolo, ao considerar que poden danar aa integridade da cavidade máis importante de Galiza.
Cueva Cheve (-1.484 m.), a máis fonda do continente americán. (Autor: Ignacio Rafael Ramos)
O espeleólogo orensán Ignacio Rafael cóntanos neste traballo o desenvolvemento das exploracións realizaadas por unha expedición internacional no carst da Sierra de Juárez, de San Francisco de Chapulapa (México), nos anos 2004 e 2005. Rafael compartíu equipo con outros españois e mexicáns. Percorreron 5.440 metros ate chegar aos 1.1001 de profundidade, onde remataron a exploración.
A Cova do Sapo, unha sima singular. (Autor: José Luis Rubín Currás)
A Cova do Sapo o Sima P3, sita na Serra de Enciña da Lastra (Ourense), debe o seu nome a un batracio atopado na base do seu derradeiro pozo. Neste traballo, o autor relata unha exploración realizada na sima xunto con compañeiros do Alpino Ourensán. A tarefa dos expedicionarios consistíu basicamente en atopar e desobstruir pasos que permitisen o descenso dende un nivel superior de bloques ao inferior. Mais aos 90 metros de profundidade, a extrema estreitez da cavidade obrigou a para a exploración.
A Cova do Pico Sacro é de orixe natural. (Autores: Xavier Groba González / Marcos vaqueiro Rodríguez)
No interior da montaña Pico Sacro, parroquia de A Granxa, concello de Boqueixón (Galiza. España), localízase unha sima en cuarzo, posxenética, de orixe tectónica. O artígo introduce ao lector nas investigacións realizadas polo Club Espeleolóxico Maúxo entre a primaveira de 2002 e setembro de 2003, sintetizando as conclusións dos traballos geo-morfolóxicos, xénese y datación da cavidade, históricos, antropolóxicos e culturais da cova.
Unha semana de espeleoloxía infantil- xuvenil en Vegacervera. (Autor: Emilio Ballesteros Casal)
Análise dunha experiencia do Club Montañeiros Celtas.
Celtas conmemorou o 50 aniversario da súa primeira incursión na Cova do Rei Cintolo. (Autor: Emilio Ballesteros Casal).
Veciños de Mondoñedo e tódolos habitantes de Supena acudiron á cita. O alcalde non permitiu aos expedicionarios entrar na cavidade e tampouco asistiron aos actos representantes do Concello.
As cavidades funerarias do carst de Sagada en Luzón (Filipinas). (Autor: José Higinio Diz)
Nos anos 1998 e 2002, membros do Espeleo Club Aradelas de Vigo, visitaron algunhas das zonas calcáreas máis importantes de Filipinas, nas illas Luzón (1998), Negros, Cebú e Bohol (2002). Este artigo recolle as exploracións realizadas en Sagada (Luzón), onde as tribus Igorot empregan dende hai séculos o carst como necrópolis, depositando aos seus mortos en misteriosas "cavidades funerarias".
Ribeiriños e Xallas, dous fortes descensos. (Autor: Manuel Antonio Aguiar Salvador).
Neste traballo o autor ofrecenos a lista de barrancos dunha zona da provincia da Coruña, catalogados con fins deportivos, e os relatos dos descensos polos cauces do Ribeiriños e o Xallas.
O barranco de Guilfonso, un perigo para os pescadores. (Autor: Pedro Leivas).
Pequeno canón para percorrer en tres horas, laborioso e de grande beleza paisaxística e xeolóxica. Enmarcado na Serra do Pereiro, esixe un total de oito rápeles, o descenso por diversos tobogáns e algún salto. Accesos e saídas comodísimas. Moi atractivo para o seu descenso e combinable con outros canóns da zona que se atopan na fase de instalación.
Rego de Augalva, o máis grande da zona.
O canón máis grande da zona mindoniense, visualmente atractivo e moi duro. Require boa forma física para o seu descenso. Tempo empregado, con aproximacións e saídas: 6 horas, das que catro e media son de descenso. A baixada iniciase con rápeles pequenos, para precipitarse bruscamente polo leito do rego por medio de cinco rápeles encadeados de 25-30 metros cada un. Esixe un grande traballo de cordas e dezaséis rápeles, algún destrepable. No verán o regato leva moi pouca auga.
O barranco de Muras, ideal para os principiantes. (Autores: Pedro Caravantes Cuerpo, Ana Belén Mosquera Coto, José Mª Gómez Ron).
O de Muras (Lugo) é un barranco ideal para os deportistas que se inician na práctica do descenso de canóns. Neste traballo, os autores relatan o seu descenso por tan singular marco deportivo.
Memoria do 1998
Actividade social