![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar (Autor: Enrique de Arce)
O Cíntolo está de acutualiade. Hai mais dun ano, o Concello de Mondoñedo anunciou que ía acondicionar a Galería Central ou Superior para abrila ao público. Non tardarón en xurdir protestas de espeleólogos e cidadáns sensíbeis ás riquezas naturais que amosaron a súa preocupación polos danos que puidesen causar as obras. A chamada Plataforma Cívica para a Defensa do Rei Cintolo e o seu Contorno, é a máis tenaz defensora da integridade da cova.
Expedición ao Cáucaso (Autor: Ignacio Rafael Ramos)
O ourensán Ignacio de Rafael participou nunha expedición internacional á sétima cavidade máis profunda do mundo, a sima Krúbera-Voronya, da República de Abjasia. Neste traballo relata a exploración na que estivo a punto de lograr a marca do mundo de profundidade en sima, e comenta os eventos dunha viaxe que tivo trazas de arriscada aventura en terras da Federación Rusa.
Os duros canóns de Vilariño de Conso (Autor: Jesús Manuel Sáez Hidalgo)
En 1998 o autor deste informe topografou e descendeu, xunto con outro espeleólogo, por dous barrancos da provincia de Ourense, os da Onda do Cenza e o Val da Cenza, situados no municipio de Vilariño de Conso. FURADA ofrece aquí un relato da aventura contada polo seu protagonista, con detalles da baixada, localización e técnica aplicada na conquista de ambos os dous canóns.
Relación bibliográfica para o ensino da espeleoloxía en España (Autores: Francisco Martinéz García/Manuel Díaz Prieto)
Neste traballo recóllese a maior parte da obra bibliográfica e audiovisual que sobre o ensino da espeleoloxía se editou en distintas linguas de España, excluíndo as revistas especializadas e outras publicacións sobre a materia.
Entrevista con Miñarro
O espeleólogo catalán Josep-Manuel Miñarro é toda unha referencia dentro do mundo da espeleoloxía en España. Dende moi novo sentiu grande afección por esta actividade, á que leva adicado grande parte da súa vida. Foi o creador e o primeiro director de Subterránea (1994), unha grande revista espeleolóxica de proxección internacional, e tamén membro fundador e presidente da Federació Catalana.
Espeleólogos cataláns exploraron en 1973 a Cova do Rei Cintolo (Autor: Josep-Manuel Minarro)
Pódovos asegurar que, ata aquel principio de verán de 1973, non poidera imaxinar que en Galicia existisen covas. Aquel gran "Z" invertido que sinalaba as zonas calcarias de España nos pequenos manuais de iniciación á espeleoloxía da época deixaba estériles de carst ás terras galegas. Tomás, Victoria e Miñarro do SIE topografaron a cova no 1973, abranguía un desenvolvemento de 3.427 metros.
O GES Ártabros, canteira de espeleólogos (Autores: Manuel Díaz Prieto/Elado Parga Ures)
Corría o ano 1974 cando se constituíu na Coruña, o 22 de decembro, a Sociedade de Montaña Ártabros e, dentro da súa incipiente organigrama, a sección de espeleoloxía denominada Grupo de Exploracións Subterráneas Ártabros (GESA).
Fraseoloxía ó redor do acondicionamento da Cova do Rei Cintolo (Autor: Eduardo Amoeiro)
O Rei Cintolo é unha cova moi valiosa por dúas razóns. A primeira, pola súa singular excepcionalidade de atoparse nun territorio onde o calcario é moi escaso, e, a segunda, porque dentro alberga non só unha fauna (en especial os quirópteros) en perigo de extinción, e polo tanto protexida pola UE, senón que tamén podería ter vestixios arquelolóxicos.
Achados nas covas da serra ourensán de Enciña da Lastra (Autores: Carlos Fernández Rodríguez/Antonio Somoza Méndez)
Os autores informan sobre un conxunto de materiais arqueolóxicos recuperados en xuño de 2002 nunha cova próxima á localidade de Cobas (Rubiá, Ourense), e poñen de manifesto a tradicional e frutífera relación que existe entre a espeleoloxía e a arqueoloxía.
Cavidades cársticas galegas con restos arqueolóxicos (Autora: Lorena Elguero Córdoba)En Galicia documentáronse, ata o momento, 27 cavidades cársticas con restos arqueolóxicos de etapas comprendidas entre o Paleolítico e a Edade Media.
É un luxo prescindir do Rei Cintolo (Autora: Clara-Lourdes Castiñeira Souto)
O colectivo espeleolóxico, como calquera, é tal por ter unha actividade afín e, como en calquera, danse congruencias e incongruencias: uns queren vivir do que lles gusta e outros queren vivir para o que lles gusta. Se o que temos afín desaparece, non estarán uns nin os otros e, se rematamos co pastel, as xeracións futuras nunca existirán por non poder alimentarse del.
A brico-espeleo, un raio de luz na práctica da espeleoloxía (Autor: Bernardo Vila Gómez)
O autor da a coñecer un sistema de iluminación acorde coas esixencias espeleolóxicas actuais. O invento non dana o medio ambiente e aporta ó espeleólogo un maior confort no desenvolvemento da súa actividade.
Noticias breves