![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Un traballo valioso (Autor: Redacción)
Se cada castro ten a súa cova, como afirma a xente nas aldeas, eu digo que tamén cada cantil ten a súa furna. Claro que a cova á que se refiren os paisanos é máis ben unha saída subterránea pola que fuxir no caso de invasión inimiga, mentres que, polo oco do cantil, máis que escapar, pode un quedar apreixado no descoñecido.
En Galicia abundan as furnas. Abonda con dar un paseo pola costa para comprobalo. En todo o litoral lugués, coruñés e pontevedrés é doado observar os ocos que abríu a auga co seu petar incesante sobre os cantís.
Catálogo de furnas do litoral pontevedrés (Autor: J. Higinio Diz y Raúl Ríos)
Este artigo é un catálogo das principias cavidades de orixe mariña ou furnas da provincia de Pontevedra. Nel descríbense ata un total de 60 cavidades con máis de 20 mts. de desenvolvemento ou 10 mts. de desnivel incluíndo as súas respectivas topografías e mapas de situación.
O Alpino Manzaneda, un club con solera (Autor: Manuel Díaz Prieto)
Historia breve de 25 anos de dedicación do GES á práctica da espeleoloxía.
“Operación Averna”, 100 horas baixo terra ) (Autor: Andrés Castiñeiras)
Tres espeleólogos coruñeses sometéronse en 1971 a unha proba de resistencia na Cova do Rei Cintolo. O ano 1971 chegaba á súa fín. Facía pouco máis de doce meses que o grupo de montaña "Rey Gerión" creara oficialmente a súa sección de espeleoloxía, chamada GERGO, a primeira na ciudade da Coruña, o que supoñía unha novedade polo descoñecemento xeneralizado desta actividade entre a xente.
Catro “Ártabros”, exploradores en Cuba (Autor: GES Ártabros)
Participaron, xunto con espeleólogos da illa, nas primerias incursións subacuáticas de seis cavidades.
A exploración de cavidades subterráneas en Cuba derivou nun serio problema de saúde para tres espeleólogos coruñeses. Á volta da súa viaxe á illa caribeña tiveron que seren tratados dunha enfermidade practicamente descoñecida en Galicia, a histoplasmose, causada polas emanacións do guano de morcego.
Estudo sobre a loxosceles cubana da "Cueva del Agua" (La Habana)) (Autor: Oilenyn Navarro Díaz)
A autora ten estudado polo míúdo a Loxosceles cubana, unha araña ben representada nas cavidades de Cuba e da que se teñen aínda poucos coñecementos sobre a súa ecoloxía e bioloxía, e chegou á conclusión de que a toxicidade do seu veleno é moito menor cá dos seus conxéneres do continente americano.
Noticias breves