Federación Galega de Espeleoloxía

Federación Galega de Espeleoloxía

Español | Galego  
BenvidaFederaciónI Congreso GalegoActividadesEspeleosocorroEscolaRefuxiosEspeleoloxíaCanónsFuradaLigazónsContactar
www.espeleoloxia.org > Furada > Edicións > Furada nº9

Furada nº9

Limiar: As Serras de Rubiá (Autor: Enrique de Arce)

Os efectos dos fenómenos naturais na transformación dos ecosistemas son desgraciadamente ben coñecidos. Temos aínda moi próximas as grandes catástrofes producidas por “O neno” en países do continente americano, incendios de xigantescas proporcións como o de Australia, inundacións, sismos, corrementos de terras, etc., e, xa a escala de tempo xeolóxica, as alteracións causadas pola chamada deriva continental.

Avance do catálogo espeleolóxico do Carst de Liñares (Pedrafita-Lugo) (Autor: Manuel Díaz Prieto)

Neste traballo expóñense os datos e características máis salientables, dende o punto de vista espeleolóxico, dun pequeno grupo de cavidades situadas no municipio lugués de Pedrafita do Cebreiro.

Seis horas descendendo o Ferreiriño (Autor: G.E. Arcoia de Quiroga-Lugo)

Percorrido por un accidentado río do Caurel. Relátase o descenso de dous novos canóns explorados nos municipios lugueses de Quiroga e Folgoso do Caurel.

As expedicións espeleolóxicas realizadas dentro do ámbito da F.E.E. (Autor: Francesc Rubinat i Aumedes)

O autor, vogal de Expedicións da FEE, analiza a evolución das expediciónes espeleolóxicas realizadas en España, durante o período 1992-1998, e toma como base o artigo publicado en Furada (nº 5 1991).

A Escola Española  de Espeleoloxía (Autor: Francisco Martínez García)

Neste traballo descríbense as actividades previas á creación da Escola Española de Espeleoloxía e a súa posterior evolución ata o ano 1995.

Espeleotemas en granitoides (Autor: J. R. Vidal Romaní)

As rochas graníticas, aínda que consideradas pouco solubles na auga, compórtanse nos sistemas naturais de xeito semellante ás claramente solubles. Descríbese aquí unha posible xénese e etapas en crecemento de espeleotemas ligados a este tipo de rochas.

Do Cintolo-54 á Rafavei-60 (Autor: Antonio Veiga González y Constancio Veiga González)

Espeleólogos vigueses realizaron durante cinco anos unha intensa actividade nas covas e simas de Galicia e doutras zonas da Península. O éxito da exploración da Cova do Rei Cintolo, en 1954, contribuíu a estender a toda Galicia o interese pola investigación espeleolóxica. Neste sentido, foi especialmente importante campaña levada a cabo no 1960 na serra orensá de Enciña da Lastra, onde se efectuou o primeiro descenso á Sima Penedo ou Rafavei.

G.E.R.G.O.: 25 anos de actividade espeleolóxica (1970-1995) (Autor: M. Díaz, Enrique Díaz y Ramón Páez)

A conmemoración do vixésimo quinto aniversario da creación do Grupo de Espeleoloxía "Rey Gerión" OJE, da Coruña, ben merece o esforzo de narrar a súa  traxectoria, aínda que sexa de xeito sucinto e, asemade, agradecerlles o labor realizado en prol da espeleoloxía coruñesa, a todas as persoas que dun ou outro xeito pertenceron ou forman aínda parte del, ao longo deste cuarto de século de vida.

Reflexións sobre unha travesía subterránea en Cantabria (Autor: Lourdes Castiñeiras Souto)

Relata as experiencias, dificultades e sentimentos  durante unha longa travesía en Cantabria, superadas con ilusión, esforzo e bo facer do grupo.

O medio cárstico en Galicia, unha fonte de recursos (Autor: Fernando López González)

As zonas cársticas en Galicia atópanse restrinxidas na súa marxe oriental. Malia esta primeira grande limitación, estes espazos constitúense como unha importante fonte de recursos.

Escavación arqueolóxica na Pa da Vella (Biobra-Ourense) (Autor: Carlos Fernández Rodríguez y Rosa Villar Quinteiro)

Os resultados obtidos na escavación arqueolóxica realizada na Pa da Vella, permitiron documentar a existencia de dúas fases ocupacionais durante a Prehistoria recente, así como un nivel con materiais paleontolóxicos encadrados no Pleistoceno Superior.

Preguntas sobre a dobre ancoraxe (Autor: Rémy Limagne)

As instalacións e ancoraxes son sempre tema de animadas discusions e controversias en calquera reunión de espeleólogos; por iso nos pareceu oportuno traducir o artigo de Rémy Limagne “La double amarrage en questións”, publicado no nº 62 de Spelunca, co desexo de que contribúa a aclarar conceptos e aumentar a seguridad nas instalacións das nosas cavidades.

Cobas o terceiro refuxio (Autor: Redacción)

Inaugurado polo presidente da Federación Española, José Luis Membrado, a instalación ocupa un antigo edificio de RENFE, rehabilitado pola entidade federativa galega, co apoio da FEE e da Xunta de Galicia.

Noticias breves

  • Breviario de la FGE
  • Zonas de traballo
  • Celtas: foto innovadora
  • Maúxo, adaíl do medio ambiente
  • O VI Campamento de Canóns do Rosal
  • Vasconius 95
  • Val da Néboa: nova cavidade
  • O Caurel acolleu o  XVIII Campamento Galego
  • Operación “Ceza 95”
  • Relevo e Estatutos
  • FGE: V Xornadas de Espeleoloxía en Rubiá
  • Un vigués do ECA, premiado no certame de Cataluña
  • Xornadas de mergullo en Madrid
  • In Memoriam: Nieves, espeleóloga de primeira
© 2005 - Todos los derechos reservados
webmailneria CMSAviso LegalInicio