![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar: Vinte e cinco anos de autonomía (Autor: Enrique de Arce)
Dende a creación dun comité espeleolóxico propio de Galiciae coa separación definitiva dos espeleólogos da Federación de Montañismo, márcase un fito histórico para o deporte ciencia, xa que a partir de entón, a espeleo atópase en constante crecemento.
A cova de Arcoia, paraíso subterráneo pouco coñecido (Autor: G. E. Arcoia, Quiroga-Lugo)
Ábrese nunha zona cárstica da parroquia de Visuña, nas montañas do Caurel. É unha das máis fermosas de Galicia e pode chegar a ser tamén unha das máis importantes, tanto pola variedade das súas formacións como polo estado no que se conservan. A cavidade ofrece aínda moitas posibilidades de progresión.
O “Buraco do Inferno”, espectacular e lendario (Autor: José Higinio Diz Dios y Raúl Ríos Basadre)
Nos números 2 e 3 da revista Furada, o autor fai referencia ás cavidades de orixe mariña ou furnas do litoral pontevedrés e á súa importancia dentro da espeleoloxía galega. É nestas costas e, máis concretamente na illa de Ons, onde se abre o Buraco do Inferno, unha das nosas máis interesantes cavidades graníticas pola súa espectacular vertical de máis de 40 metros sobre o mar.
¡Qué difícil –e belo- mo “Fiais” (Autor: José Rivas Estévez, Antonio Ferreiro Vidal y Pablo Rodríguez Losada)
Os autores describen o descenso que levaron a cabo polo Fiais, regueiro tributario do río Soldón, explorando unha zona encaixada e chea de dificultades, pero de fermosas paraxes. Hai que salvar un desnivel de 600 metros para percorrer a canle deste regueiro.
Os espeleotemas silícicos e o mondmilch das cavidades graníticas da G/PO-1 (Autor: Marcos Vaqueiro Rodríguez)
O presente artigo resume as exploraciones, análise e traballos relacionados cos espeleotemas, desenvolvidos na G/PO-1 ao longo do ano 1994: Localización de dous novos grupos de espeleotemas; concrecións de sílice e moscovita-2M1, e concrecións tipo mondmilch.
Mondoñedo conmemorou o 40 aniversario da expedición dos “Celtas” a Cintolo (Autor: Luis Amoeiro)
Planificada como unha operación militar, marcou o comezo da espeleoloxía en Galicia. Os “celtas” que no 54 percorieron Cintolo, non eran conscientes da trascendencia que tería a súa expedición, xa que nese ano por unha parte caería o veo de misterio e lenda que envolvía Cintolo e, polo outro, cobraba carta de natureza en Galicia o deporte da espeleoloxía, descoñecido pola maioría da xente.
Dous santiagueses, precursores da espeleoloxía en España (Autor: Francisco Martínez García)
Dous importantísimos investigadores galegos forman parte da nómina de precursores da espeleoloxía no Estado Español; a súa importante obra pensamos que é descoñecida pola maioría de espeleólogos galegos, quizais porque ninguén é profeta na súa terra, pero tamén pola maioría de espeleólogos. Pretendemos con estas liñas, salientar as figuras de Casiano de Prado e de Jesús Carballo, e dar a coñecer someramente as súas obras.
Plantilla directiva da Espeleoloxía Galega 1969 – 1994 (Autor: Redacción)
Cadro que recolle todo os cargos e nomes das persoas que os ocuparon dende a creación do Comité Rexional ata a actualidade.
O deporte-aventura está a destruír a natureza pola súa masificación (Autor: Francisco Martínez García)
Entrevista con Antonio Fariña Riopedre, primeiro presidente do Comité Galego de Espeleoloxía, no vixésimo quinto aniversario da súa constitución. Fariña, ademais de ser un dos pioneiros da espeleoloxía galega é, ante todo, o primeiro grande organizador da espeleoloxía federada na nosa comunidade.
A andaina do Comité Rexional Galego (Autor: Manuel Díaz Prieto)
O 12 de setembro do 1969, a VI Asamblea do Comité Nacional de Espeleoloxía (CNE), reunida en Enol (Covadonga), aproba a constitución do Comité Rexional Galego de Espeleoloxía (CRGE). Transcríbese a continuación o acordo que figura na acta da devandita asemblea.
Riguedo II, unha cova bastante estable termicamente (Autor: Jorge Ramos Abuín y Miguel Romero)
Neste traballo estudamos o microclima presente na cova Riguedo II (Furco, Becerreá-Lugo) e a relación que ten con el a distribución da poboación dun coleóptero carábido, o Antisphodrus peleus ssp. Gallaecus. Tamén se dan algúns interesantes datos da súa bioloxía, obtidos durante o desenvolvemento deste estudo.
Pala do Souto: evidencias dunha ocupación en época contemporánea (Autor: Carlos Fernández Rodríguez y Antonio Somoza Méndez)
O achado dunha serie de materiais (metálicos, cerámicos e óseos) na Pa do Souto (Cobas, Rubiá-Ourense) indica a súa ocupación na época contemporánea, moi posiblemente en relación coa realización de obras públicas, especialmente a construcción da vía férrea.
O uso de microexplosivos en cavidades (Autor: J. Carlos Fernández Caínzos y J. Manuel Momán Tenreiro)
Dentro do mundo espeleolóxico e das técnicas de desobstrución en cavidades, a utilización de microexplosivos pode ofrecer unha resposta a múltiples problemas que xorden en infinidade de situacións. Ábrese para o espeleólogo unha nova área de investigación e actuación neste deporte.
Noticias breves