![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar: Unha ameaza latente (Autor: Enrique de Arce)
Son moitas as ameazas que penden sobre o pequeno pero fermoso carst galego e xa vai sendo hora de darlle unha protección eficaz. Tarde ou cedo, queramos ou non, os espeleólogos teremos que afrontar a cuestión empurrados pola deterioración e a espoliación –cada día máis alarmante- desa parte do mundo subterráneo á que ten acceso o home.
A sima Vidal (Autor: Ignacio Rafael Ramos y Manuel Díaz Prieto)
O presente traballo da conta das características máis peculiares que encerra a “Sima Vidal”, a cal, cun desnivel de –81 m. é a primeira no censo de cavidades da Serra cárstica de Enciña da Lastra (Ourense-León).
Cavidades en terreos graníticos (Autor: Marcos Vaqueiro Rodríguez)
Las cavidades graníticas constitúen, ao seu xeito, un complexo e interesante mundo subterráneo, moi diferente do que podemos atopar en terreos calcarios. Cada material granítico da lugar, a través dunha xénese particular, a cavidades con morfoloxías diferentes.
Novos datos sobre algúns coleópteros cavernícolas galegos (Autor: Jorge Ramos Abuín)
Neste traballo ofrécense máis datos das especies de carábidos (Coleóptera, carabidae) cavernícolas presentes en Galicia. A aparición do Antisphodrus pelaeus ssp. pelaeus na Pa Trasmonte (Covas-Rubiá), marca o límite cara ao sur da subespecie galega.
Explotacións mineiras en zonas cársticas: un perigo latente (Autor: Carlos Fernández Rodríguez)
O intento de apertura dunha canteira na Serra da Enciña da Lastra permite realizar unha análise dunha zona extremadamente rica en cavidades naturais, xacementos arqueolóxicos e especies botánicas e faunísticas.
Estudo de poboación do oso das cavernas (Autor: Aurora Grandal D´Anglade y J.R. Vidal Romaní)
O xacemento de Oso das Cavernas da Cova de Eirós constitúe actualmente o límite occidental euroasiático na distribución da especie. Del extraéronse ata o momento uns 4.000 restos óseos, principalmente de Ursus spelaeus. As datacións absolutas realizadas nas coadas estalagmíticas por debaixo dos niveis fértiles dan unha edade entre 117.000 e 28.000 anos BP.
Galegos e portugueses exploran cavidades da Serra do Aire (Autor: José Carlos Fernández Caínzos)
Durante os anños 1989 e 1991, diversos deportistas, pertencentes á Federación Galega de Espeleoloxía, levan a cabo actividades espeleolóxicas na Serra do Aire (Portugal), xuntamente con compoñentes da Sociedade Portuguesa de Espeleoloxía.
Martínez Barcia: “O espeleólogo está hoxe mellor preparado que nos meus tempos” (Autor: Juan Porcel)
Falamos cun pionero da espeleoloxía en Galicia. Estimamos interesante coñecer a súa opinión sobre distintos aspectos deste deporte-ciencia e, para tal fin, enviámoslle un cuestionario ao que respondeu na súa totalidade.
Breve descrición da espeleoloxía cubana (Autor: Francisco Martínez García)
Os datos máis significativos da espeleoloxía en Cuba, con citas das cavidades máis importantes da illa, están recollidos no traballo que ofrecemos nestas páxinas. O seu autor formou parte do profesorado pertencente á Escola Española de Espeleoloxía que viaxou á illa caribeña para impartir un curso sobre técnicas de exploración e espeleosocorro.
Intervención arqueolóxica na Cova de Eirós (Triacastela-Lugo) (Autor: Juan Antonio Cano Pan y Santiago Nogueira Ríos)
Cova de Eirós era coñecida como un xacemento paleontolóxico do que se recuperaron numerosos restos de Ursus spelaeus. A partires da intervención realizada en 1993, a este interés unirase o arqueolóxico, xa que se documentou a existencia de niveis paleolíticos na entrada da cavidade.
As aptitudes no monitor de espeleoloxía (Autor: François Jovignot)
Tradución do artigo publicado en Spelunca nº 49.
O GPS e as súas aplicacións (Autor: Ignacio Hornes Amenedo)
Neste traballo explícase de forma clara cómo funciona o sistema de posicionamento Navstar GPS, así como as súas posibles aplicacións no eido da espeleoloxía.
Vocabulario espeleolóxico (Autor: Víctor Fresco Barbeito)
Temos unha grande herdanza descoñecida para nós, integrada por un cúmulo de verbas que se usaron e conservaron durante séculos para designar as cavidades por onde nós baixamos moitas veces, e que nada ten que envexar aos vocabularios técnicos e científicos no tocantes á concreción e variabilidade. Neste artigo enuméranse e transcríbense os seus significados.
Noticias breves