![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar: A síndrome do arnés (Autor: Enrique de Arce)
O risco da aparición da síndrome preséntase nas ascensións por corda con arnés e “jumar” e as súas consecuencias, se non se actúa a tempo, poden ser mortais. Por iso, queremos lembrar aquí a necesidade de tomar precaucións antes de emprender a ascensión.
Exploración na Cova do Paleiro Triacastela (Lugo) (Autor: Benigno Iglesias)
Das exploracións levadas a cabo polo Espeleo Club Aradelas durante o ano 1992 na zona de Santalla de Alfoz, dedúcese que a cova denominada “Do Paleiro” agocha o maior curso de auga practicable dos coñecidos na nosa comunidade ata a data.
Itinerarios na zona de Luintra (Ourense) (Autor: Francisco Valencia Freire)
Toda a ribeira do Sil se ofrece aos visitantes que se achegan a ela como un lugar cheo de posibilidades para gozar de moi distintos modos dun grande espazo natural. Os espeleólogos, como defensores de todo o medio natural, sabemos moi ben como aproveitar a natureza e xogar con ela sen desgastala. Entre tanta actividade que se pode levar a cabo está a de descenso de canóns.
O regueiro da Fecha (Autor: Antonio Madrid Martínez)
O artigo describe detalladamente as características técnicas, localización e aproximación ao Canón do Regueiro da Fecha, desenvolvido na súa totalidade en rocha granítica e, que polo seu desnivel, se sitúa á cabeza dos canóns e barrancos existentes na comunidade galega.
Espeleólogos cataláns estudan os danos da contaminación (Autor: Josep Ortiz i Comerma)
Un grupo de espeleólogos de Cataluña vén traballando dende hai catro anos na limpeza das covas, co fin de dar a coñecer os efectos ambientais dos lixos que o home abandona nelas. O grupo fai unha chamada á colaboración dos espeleólogos, e lémbralles que non deben deixar lixo nin no interior nin no exterior das cavidades.
O número de federados tende a estabilizarse (Autor: José Higinio Diz Dios)
Este artigo é un estudo estatístico dos espeleólogos federados en Galicia entre os anos 1981 e 1992.Por unha banda, trata de facer unha valoración obxectiva sobre a incidencia das Campañas de Promoción no número total de federados e, pola outra, faise un seguemeento da evolución da federación dende a súa orixe ata os nosos días.
VI Congreso Español de Espeleoloxía na Coruña (Autor: Redacción)
Os días 10,11 e 12 de octubre, celebróuse na Coruña o VI Congreso Español de Espeleoloxía, organizado pola FGE, a proposta da FEE e co referendo da Asamblea Xeral. A sede estableceuse na Escola de Formación do Profesorado, cedida pola Universidade da Coruña, onde se habilitaron varias salas para albergar exposicións, presentación de relatorios e á que asistiron máis de 150 espeleólogos de toda España.
Os dous primeiros accidentes graves en covas de Galicia (Autor: Redacción)
O día 31 de xaneiro de 1992, produciuse na cova do Rei Cintolo o primeiro accidente grave, dentro do territorio galego, ao fracturar a perna un mozo de 16 anos. A finais dese mesmo ano, outro mozo de 17 anos, cae a un pozo de 12 metros, e prodúcese unha triple fractura nunha perna. Para coñecer os feitos con detalle, reproducimos as actas que redactaron os espeleólogos socorristas sobre estes sucesos.
O glaciocarst do Courel (Lugo) (Autor: Juan Ramón Vidal Romaní, Aurora Grandal D´Anglade, José Fernández Ferrín y Ramón Vila Anca)
No Courel hai pegadas da existencia dun glaciar tipo alpino durante o Pleistoceno. Neste tempo, unha masa de xeo de 65 quilómetros cadrados cubría a serra. Os autores estudan neste traballo o glaciocarst dunha das serras máis impresionantes da provincia de Lugo.
Formacións en cavidades graníticas (Autor: Marcos Vaqueiro Rodríguez)
Con este artigo queremos dar a coñecer o traballo do Club de Espeleoloxía Maúxo, sobre todo no que se refire ás formacións atopadas nas cavidades graníticas do Folón.
O Museo Andaluz de Espeleoloxía (Autor: Manuel J. González Ríos)
Nárrase neste artigo como xorde a idea e posterior desenvolvemento do Museo Andaluz de Espeleoloxía “González Ríos”, o cal, ademais de publicar un Boletín, conta na actualidade cun importante fondo documental de máis de 2.800 doazóns achegadas por espeleólogos de todo o mundo.
Noticias breves