![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar: Dez anos de crecemento (Autor: Enrique de Arce)
Este ano a FGE celebrou o seu décimo aniversario. A espeleo medrou en Galicia de forma importante, a pesares de que funcionou os seus primeiros cinco anos con moitas limitacións económicas, sen ter unha sede definitiva na que albergar as súas instalacións administrativas, grazas, sobre todo ao traballo do seu presidente e do seu equipo.
Travesía do Sistema Integral B15 – B1 (Autor: Antonio Madrid Martínez)
A principios do mes de xuño recibíase no club a información referente á realización do Campamento Estatal da FEE que, nesta ocasión, era organizado polo G.E.B. no incomparable marco do Macizo de Escuaín (Huesca), entre os días 3 e 11 de agosto. Durante este campamento, dous espeleólogos galegos realizaron a integral B15-B1 e relatano aquí.
Descenso do río Verdugo (Autores: Celeste Mosquera Coto, Mª José Blázquez López, Pedro Caravantes Cuerpo, Eduardo Sánchez Crestar y Juan Prego Mateo)
Artigo dos membros do Espeleoclub Madruga, sobre a prospección e posterior descenso dun novo canón na provincia de Pontevedra.
Apuntamentos sobre a formación de estalactitas e estalagmitas (Autor: Juan Antonio Gálvez García)
Neste breve traballo descríbese o mecanismo de disolución e redeposición de carbonato cálcico que orixina a formación das estalactitas e estalagmitas nas covas. Explícanse sucintamente as condiciones e mecanismo de desenvolvemento de ambos os dous tipos de formacións e, finalmente, establécense unhas consideracións sobre a forma das estalactitas e estalagmitas en relación coas súas condicións de formación.
A arqueoloxía cavernícola, no punto de mira (Autor: Carlos Fernández Caínzos)
A arqueoloxía é unha disciplina científica que está destinada a ser un dos soportes na investigación do mundo espeleolóxico.
As expedicións e a súa regulamentación (Autor: Sergio Palacios Pérez)
A Federación viu convinte, no seu día, elaborar un regulamento sobre expedicións, co fin de evitar os problemas derivados dos traballos de zonas por duplicidade ou apropiamento indebido destas. Dende o ano 87 a FEE elabora estatísticas coa documentación enviada polos clubs e federacións territoriais, que serven para entresacar os altibaixos da práctica espeleolóxica en España nos últimos catro anos.
Manuel Díaz, dez anos presidente (Autor: Serafín Barca)
Manuel Díaz fue elixido por maioría absoluta en 1981 e dende entón ata hoxe, desenvolveu unha xestión da que hai que destacar unha intensa actividade docente, a construcción de dous refuxios e, sobre todo, a exploración da práctica totalidade das covas conocidas de Galicia.
Dez anos de intensa actividade (Autor: Redacción)
Recóllese nestas páxinas a actividade da Federación Galega de Espeleoloxía nos derradeiros dez anos , é dicir, dende que deixou de ser unha sección integrada en Montañismo para converterse nunha flamante federación. O que aquí se ofrece é unha selección dos acontecementos máis salientables.
Décimo aniversario da F.G.E. (Autor: Redacción)
Conferencias, coloquios, exposicións fotográficas e proxeccións de películas e diapositivas, entre outros actos programados. Os actos celebrarónse os días 27, 28 e 29 de novembro e organizounos o Grupo de Espeleoloxía “Rey Gerión” na aula de cultura de Caixa Galicia.
Unha moza orensá explorou en 1968 a sima da Raveira (Autor: Redacción)
A espeleóloga Susi Iglesias foi entrevistada polo xornal orensán “La Región” en 1968. Furada reproduce nestas páxinas a entrevista aparecida en setembro daquel ano no rotativo.
Coleópteros en cavidades de Galicia (Autor: Jorge Ramos Abuín)
O autor estuda a presenza de coleópteros en cavidades do carst de Galicia, e ofrece os primeiros resultados das súas investigacións. No territorio galego existen unhas mil especies da superfamilia de carábidos.
Prospección en cavidades da Serra de Enciña da Lastra (Autores: Carlos Fernández, Rosa Villar, César Llana y Antonio Somoza)
Ppreséntanse os primeiros resultados da prospección arqueolóxica de cavidades da Serra da Lastra (Ourense), nas que documentanse ocupacións esporádicas pero que abranguen un importante espazo cronolóxico.
Os xacementos paleontolóxicos en covas: un rexistro paleontolóxico (Autor: Aurora Grandal D´Anglade)
Analízanse as principais características dos xacementos paleontolóxicos situados en cavidades cársticas, ponse atención na súa orixe, no seu interese paleontolóxico e nos métodos de estudo e conservación.
Inaugurado o refuxio de Mondoñedo (Autor: Redacción)
No mes de outubro inaugurouse o refuxio da FGE en Mondoñedo, unha vella escola que se atopaba en ruínas e foi cedida á federación para o seu uso durante 25 anos.
Noticias breves