![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Limiar: “Cintolo” hai cen anos (Autor: Enrique de Arce)
Pasaron case cen anños dende que o avogado luarqués César Álvarez Cascos explorase a Cova do Rei Cintolo en compañía doutras tres persoas. Furada recolle neste número a testemuña desa incursión, da que se deu publicidade no1893 no xornal asturiano “La Voz de Luarca”.
A sima Teixeira, unha cavidade en estudo (Autor: Carlos Fernández Caínzos)
O autor do presente traballo describe esquematicamente a “Sima de Teixeira”, cavidade inédita en Galicia. Este estudo é un adianto da Tesina que haberá de elaborar e presentar nun próximo futuro como Monitor da Escola Española de Espeleoloxía.
A cova de Traslacosta (Autor: Alberto López Álvarez)
A cova de Traslacosta conta cunha das salas subterráneas máis lindas do subsolo galego. Neste traballo relátase a exploración feita nesa cavidade por un grupo de espeleólogos de Galicia.
Travesía integral Tonio-Cañuela (Autor: Julio Giraurdier y Alberto A. López)
Dous espeleólogos do GEM e AL Val da Néboa, de Monforte de Lemos (Lugo) percorreron, do 14 ao 16 de xuño o complexo subterráneo Tonio-Cañuela, situado en Cantabria. Neste traballo contan os detalles da exploración.
Descenso polo canón do Mao (Autor: Ignacio Rafael Ramoss)
O descenso de canóns como actividade deportiva ha comezou xa a practicarse en Galicia. Neste traballo cóntanse as principais incidencias do primeiro descenso no Canón do Mao, no verán de 1990. A impresión dos espeleólogos galegos participantes nesta nova modalidade foi excelente.
Entrevista con José Luis Membrado, secretario xeral da FEE (Autor: Redacción)
Expedición galega a Brasil (Autor: José Higinio Diz Dios)
Este artigo é un breve resumo das actividades de prospección e exploración realizadas en jullo de 1990 polo Espeleo Club Aradelas nos principais karst tropicais do estado de Sâo Paulo (Brasil).
Exploración en “Cintolo” en 1893 (Autor: Redacción)
César Álvarez Cascos, en compañía doutras tres persoas, explorou Cintolo en 1893, toda unha aventura para aqueles tempos nos que o avance no interior das cavernas era cuestión de votade e valor máis que de planificación e técnica.
Susi Álvarez: algo máis que unha afección (Autor: Mariel Valderrábano)
Entrevista con Susi Álvarez, espeleóloga dende hai 23 anos e primeira muller galega en descender unha sima.
Un modelo de avaliación para cursos de Espeleoloxía (Autor: Francisco Martínez García)
O autor deste traballo, profesional do ensino, propón a aplicación dun novo modelo de avaliación nos cursos de Espeleoloxía para obter un óptimo aproveitamento.
Análise dos restos óseos atopados en “Cintolo” (Autor: Carlos Fernández Rodríguez)
Estúdanse os restos óseos procedentes dunha recollida superficial na Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo-Lugo), pertencentes a tres especies domésticas e unha salvaxe. A análise revela unha orixe heteroxénea dos restos.
Os medios audiovisuais na Espeleoloxía (Autor: Ignacio Hornes Amenedo)
Ao longo do artigo vanse expoñendo os pasos que hai que dar para levar a cabo la programación e a realización dn audiovisual.
Noticias breves