Federación Galega de Espeleoloxía

Federación Galega de Espeleoloxía

Español | Galego  
BenvidaFederaciónI Congreso GalegoActividadesEspeleosocorroEscolaRefuxiosEspeleoloxíaCanónsFuradaLigazónsContactar
www.espeleoloxia.org > Furada > Edicións > Furada nº3

Furada nº3

 Limiar: Reciclaxe de espeleólogos (Autor: Enrique de Arce)

Cada día fáisenos  máis evidente a necesidade de recuperar os coñecementos perdidos e poñernos ao día nas técnicas da exploración. Manterse ao día debe ser unha constante na vida do espeleólogo.

Combater o estrés (Autor: Redacción)

¿Quen non se viu algunha vez en dificultades no interior dunha cavidade ou dunha sima?. Pois ese é omomento no que pode xurdir o estrés e haino que saber superar para evitar danos maiores.

Furnas do municipio de Cangas do Morrazo (Autor: José Higinio Diz Dios)

Este artigo é unha breve descrición das principais cavidades de orixe mariña ou “furnas” catalogadas polo Espelo club Aradelas ao longo da costa de Cangas do Morrazo (Pontevedra).

A cova de Bermún (Autor: Manuel Díaz Prieto)

Díaz Prieto descríbenos neste traballo as características dunha cavidade singular de Galicia, a cova de Bermún, explorada e topografada ata o momento ao longo dun quilómetro.

¿Un psicólogo entre os espeleólogos? (Autor: Josep Font i Cercós)

Coméntase aquí a importancia da preparación psicolóxica na práctica da exploración subterránea.

Os asistentessorprendéronse pola impecable organización deste encontro (Autor: Federico Ramírez Trillo)

O autor, que é instrutor da Escola Española de Espeleoloxía, comenta neste traballo o desenvolvemento do Clinic Nacional de Instrutores e Monitores de Espeleoloxía, celebrado en 1989 no Pazo de Mariñán (A Coruña).

Pedro Díaz, explorador de “Cintolo” en 1954: “Atopamos unha interesante frecha arponada, que se extraviou posteriormente” (Autor: Francisco Martínez García)

Entrevista a Pedro Díaz un dos primeiros exploradores da Cova do Rei Cintolo en 1954.

As Covas do Rei Cintolo (Autor: Pedro Díaz Álvarez)

Relato deste participante na exploración de 1954.

Un espeleólogo na “mili” (Autor: Constancio Veiga González)

Un episodio interesante na historia da Espeleoloxía de Galicia é este que nos relata Constancio Veiga, que explorou covas en Marrocos nos anos 1953 e 1954. Cóntanos aquí as características desas cavidades e as lendas que as envolven.

Apuntamentos prácticos sobre Espeleoxénese (Autor: Juan Antonio Gálvez García)

A formación de galerías e determinados fenómenos litoxénicos, son o tema deste traballo, no que o autor basea ás súas formulacións en experiencias prácticas.

Algunhas covas galegas con evidencias arqueolóxicas (Autor: César Llana)

Aínda que en Galicia as intervencións arqueolóxicas en covas foron moi escasas, iso non debe confundirse coa total ausencia de información sobre xacementos destas características.

Novas contribucións á fauna do Pleistoceno final de Galicia (Autor: Carlos Fernández Rodríguez)

Estúdanse aquí os restos de macromamíferos do nivel arqueolóxico 1, da Cova da Valiña (Lugo): en total  identificáronse 225, pertencentes a 14 especies. Destácase a presenza do Crocuta crocuta e do Ursus spelaeus. Especies cuxo hábitat se establece nas covas.

Variacións sobre o uso do bloqueador de pé “Aphanice – Boulourd” (Autor: Francisco Martínez García)

O autor, tomando como referencia as súas experiencias persoais, presenta unha variante ao método tradicional no emprego do bloqueador de pé.

 Noticias breves

  • Un grande abano de actividades
  • Conservación do medio natural
  • Espeleosocorro
  • Campaña no Peleteiro
  • Divulgación no carst de Cobas
  • Un bo acubillo para os espeleólogos
  • Espeleólogos galegos en Hungría
© 2005 - Todos los derechos reservados
webmailneria CMSAviso LegalInicio